Noa Domínguez seguirá tres anos máis

A EFF Rosalía chegou a un acordo con Noa Domínguez (Gomesende, 2006) para a súa renovación de contrato por tres tempadas, ata 2023.

A defensa chegou a Escola de Fútbol Feminino Rosalía no ano 2017, sendo unha das xogadoras que están no club desde o seu comezo. Noa convértese na quinta futbolista que estendeu o seu contrato co club azul tras Rocío, Sabela, Aldarita e Zaira.

Noa, en etapa alevín, perseguida por as agora compañeiras “Cuque” e Sara.

A gomesendesa formou parte do Campus de captación do ano 2017 e debutou no club, sendo AD Bosco-Rosalía, no equipo de fútbol sala escolar co que tivemos que arrincar en categoría alevín ante a falta de efectivos. Na tempada 2018/19, xa como clube independiente, Noa Domínguez formou parte do noso equipo senior debutando o 16 de septembro na primeira xornada de competición fronte ao Juvenil de Ponteareas, ainda sendo infantil de primeiro ano.

Noa que actúa por ambas bandas, na sua primeira tempada, completou un total de 22 partidos xogados. Na pasada tempada truncada polo covid-19 Noa Domínguez disputou un total de 21 partidos. Noa, a pesar de ter boas actuacións tanto nos dous laterais como nos extremos, todavía non inaugurou a súa conta goleadora no noso equipo senior.

En declaracións para nosa web, Noa destacou que “renovar co meu equipo é moi importante para min, levo dende o Campus de captación e debutei con Alba de adestradora e dous anos máis tarde é a miña compañeira de equipo, algo impensable cuando cheguei ao club”.

Mirando cara o futuro: “Esta tempada afrontoa con moitas gañas, ilusión e sobre todo co obxectivo de seguir aprendendo e formándome”.

“A tempada pasada foi para min boa. Os resultados non nos axudaron moito pero sempre estivemos xuntas. A pandemia foi dura, deixar todo e quedar encerrados na casa, non poder ir ao colexio e sobre todo deixar o futbol foi moi moi triste”, reflexionou sobre o vivido na 2019/20.

O presidente Mario Gómez mostrouse ilusionado ca renovación de Noa Domínguez, á que lle ten “un cariño especial xa que leva con nós dende o día un de existencia deste proxecto. Trátase dunha xogadora que inda está en formación inda que xa demostrou e ca que hai que ter paciencia, pero que xa demostrou que no futuro vai ofrecer un gran nivel futbolístico”.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido