Noa Fírvida non seguirá na EFF Rosalía

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía segue traballando na configuración do equipo cara ao próximo curso, en canto a baixas e altas.

O club continúa traballando na planificación da próxima tempada. Unha vez anunciadas as marchas de Lucía e Marta Vázquez, Isabel e Judith, únese á lista Noa Fírvida, un segredo a voces logo de solicitar a non inclusión nas convocatorias a Iván Canal antes do prematuro fin da tempada pasada. A ourensana quedaba así desvinculada do club o 1 de xullo, polo que non seguirá defendendo a elástica azul a próxima campaña.

A centrocampista de 21 anos chegaba procedente do Couto Ourense F.S., pero con experiencia na Unión Deportiva Ourense de 1ª autonómica, apuntalando o equipo o verán pasado. Neste campaña pasada participou en 12 dos 13 partidos nos que estivo dispoñible para o corpo técnico, sumando un total de 510 minutos e dúas titularidades participando unha media de 42,5 minutos por encontro, ata que decidiu, por motivos persoais, non ser convocada o que restaba de tempada.

Noa Fírvida xogou o seu último partido contra o Marín CF.

Desde a EFF Rosalía queremos desexarlle a mellor das sortes no seu futuro persoal e deportivo, agradecéndolle o seu compromiso, profesionalidad e trato deportivo coa entidade. Recordando sempre que é e será historia viva do noso club, pola súa achega ao fútbol feminino e ourensano ao conformar parte dun plantel co que se alcanzou a mellor posición da EFF Rosalía senior na súa curta historia.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content