Site icon E.F.F. Rosalia

Nosas Promesas disfrutaron dunha merenda cortesía da AD Bosco

No adestramento deste luns a Agrupación Deportiva Bosco agasallou aos seus pequenos xogadores cunha merenda cortesía dun dos seus patrocinadores. Como o ano pasado formabamos parte dese clube e dado que compartimos campo o luns con todos os equipos de fútbol 8 da entidade, decidiron que as nosas pequenas dos equipos Promesas A e B participaran da merenda.

Golosa maneira de rematar o adestramento compartindo entre todas unhas porcións de pizza e uns refrescos, non será o máis sano pero en ocasións unha comida grupal é un bo método de convivencia.

Exit mobile version