Noui, dous anos máis coa Escuela de Fútbol Femenino Rosalía

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía alcanzou un acordo coa dianteira Noa Fernández ” Noui” para que continúe no club, firma ata o 30 de xuño do 2022.

A barbadesa de tan só 16 anos formouse durante catro tempadas na UD Ourense, equipo do que chegou despois de militar en categoría cadete. Noui comezou a tempada forte e facendo moi boa parella de ataque con Zaira, pero unha esaxerada sanción na xornada 8 no campo do Racing Vilariño a mantivo lonxe dos terreos de xogo casi dous meses. Inda así Noui foi quen de anotar nove goles nos catorce partidos disputados na súa primeira tempada na EFF Rosalía.

A nivel particular, a dianteira tivo a honra de anotar o gol 100 da EFF Rosalía senior. Tal feito tivo lugar antes do parón do Nadal, na xornada 15 de competición, fronte ao Marín CF e ante o seu público no Monte Aira. No minuto 32 de partido anotaba o primeiro dos seus tres goles para pasar á historia do club como a autora do gol centenario.

A xogadora azul, xunto ao presidente Mario Gómez, mostrouse con moitas ganas de demostrar no campo a confianza brindada polo clube. Así o transmitiu en declaracións á nosa web: “para min renovar no Rosalía é algo moi grande, todo o equipo é moi importante para min e estou moi orgullosa das miñas compañeiras. Estar duas tempadas máis como mínimo alégrame moito”.

“A tempada que ven para min é moi importante porque temos un obxectivo e temos que estar ao 100% todas dende o primeiro minuto para intentar conseguilo”, remarcou cara o futuro a dianteira.

Noui anotou o gol 100 da EFF Rosalía fronte o Marín CF.

Por outra parte e a pesar de non poder rematar a tempada pasada, Noui mostrase contenta co nivel aportado ao equipo: “A miña primeira tempada estivo moi ben, o malo foi o covid19 que nos complicou e non puidemos estar máis arriba na taboa pero o fixemos moi ben todas esos meses. Para min foron inolvidables. A miña sanción a verdade molestoume moito, non pensei que ían a ser tantos partidos antes de facer o que fixen, se o houbera pensado dúas veces non o houbera feito, pero á volta da sanción xa non tiven máis problemas e espero que na seguinte tempada non se me volvan a cruzar os cables (risas)”

Para o presidente: “Noui é unha xogadora na que este ano o club ten moitas expectativas xa que consideramos que é o ano no que ten que explotar. Fisicamente é un portento e ten algo moi importante que é o gol, este ano ofensivamente o equipo pensamos que gaña bastante e a liga é a que ten que dictar si estamos no certo ou non”.

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido