Nove seniors participaron no concurso de +Deporte

Aldarita, Lidia, Silvia, Rocío, Yadira, Sabela, Ainara, Zaira e Marta Besada foron as representantes da EFF Rosalía no Concurso de lanzamento de faltas de +Deporte La Región.

Logo de 53 días sen pisar o céspede do Monte da Aira, nove das integrantes do primeiro plantel da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía recuperaban sensacións con motivo da participación no Concurso de lanzamentos de faltas organizado polo xornal local La Región. Ata as instalacións de Velle se achegaron Ainara, Aldarita, Lidia, Marta Besada, Rocío, Sabela, Silvia, Yadira e Zaira.

A primeira fase da competición constaba de tres lanzamentos dende 18, 21, 25 e 30m con Rocío na portería, todos coa sua correspondente barreira menos o lanzamento de máis distancia con puntuacións entre os 20 e 3 puntos e si o balón pegaba no pau tamén sumaba un.

Rocío tivo que empregarse a fondo para deter algún dos tiros das súas compañeiras.

A máis benxamina, Lidia, foi a primeira en comezar o xogo, mentres que Rocío, que participou como porteira e lanzadora, pechaba a quenda de lanzamentos baixo o sol da mañá do domingo no Monte da Aira, nunha xornada na que todas as xogadoras pasaron un bo momento, con risas e piques deportivos incluidos.

Lidia dispara ante a atenta mirada das suas compañeiras e rivais.

Unha vez rematada a interesante competición, tres foron as clasificadas para a fase final que se celebrará no Estadio de O Couto o próximo 27 de novembro, nun evento a porta pechada contra os representantes dos demais clubs masculinos participantes, CD Velle, UD Ourense, Ourense CF e Pabellón CF.
O próximo venres, Zaira, Yadira e Rocío loitarán polo cetro de mellores lanzadoras e porteira na final representando á EFF Rosalía.

Yadira a punto de facer un dos seus lanzamentos a porta.

Destacar que Zaira foi a segunda clasificada na xeral con 20 ptos, detrás de Maikel Conde do Pabellón CF (23 ptos), mentres que Rocío conseguiu a maior puntuación no apartado de porteir@s cun total de 106 ptos, por diante de Bruno Rielo (Pabellón CF) e Adrián Rodríguez do Ourense CF.

Rocío en posición á espera do lanzamento de Zaira.

A clasificación da eliminatoria da EFF Rosalía quedou da seguinte maneira:
1ª Zaira Rodríguez.
2ª Yadira Alonso.
3ª Silvia Tizón.
4ª Rocío Suarez (como lanzadora).
5ª Ainara Freiría.
6ª Lidia Rodríguez.
7ª Aldara González.
8ª Marta Besada.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content