O Cadete logra, desde a paciencia, a primeira vitoria como local ante o San Mateo

Os goles de Antía e Xiana en cada metade danlle ao equipo de Alberto Tamayo o seu primeiro triunfo do curso.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete impúxose este sábado ao SpC San Mateo no Municipal de Oira (2-0). As de Alberto Tamayo traballaron de principio a fin para levar un triunfo que se ha masticado durante todas as fases do mesmo, xa que tras ser superior na primeira metade pero sen sorte cara a portería, na segunda sentenciaron desde o once metros despois dun tramo no que sufriron en certo xeito algún achegamento pontearés.

Antes da media hora, Xiana Carballo cede en profundidade á carreira de Antía e a interior remata ao traveseiro. Ela mesma sería a encargada de crear a seguinte ao saque dunha falta á que non chegan por moi pouco a rematar Aitana e Lucía Novoa. Máis aló desas accións, o susto chegou das botas de Nuria cun remate desde a frontal que detén Paula.

Tras a continuación, o técnico local moveu o banco baixo o tres paus dando entrada a Aldara por Paula e pediu máis intensidade ás súas pero o perigo nos primeiros compases creárono as ‘laranxas’ do San Mateo. Catro ocasiones visitantes antes do gol local, na primeira Paula Rodróguez fai un control longo e moi atenta Aldara despexa, a continuación dúas ocasións seguidas nos minutos 56′ e 57′, sendo a protagonista en ambas Nuria, cun remate a centro de Nerea e a máis clara un minuto despois ao blocar un despexe de Alma e rebotar o balón no poste. Seis minutos despois, un roubo en tres cuartos de Paula Rodríguez déixaa soa ante Aldara, que detén o seu tiro.

Sentencia Xiana
Pero no 65 de partido e tras xogada persoal de Caride, Zeus Gómez sinala os once metros. Xiana Carballo anota o segundo gol do encontro grazas á súa forza e definición. A partir dese tanto, o equipo pontino volveu atoparse consigo mesmo cun maior dominio reflectido dous minutos despois. No 67′, boa xogada polo sector esquerdo co pase atrás de Antía ao bordo da área onde remata Lucía Torres á base do poste, sería a última ocasión do encontro.

Así, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete cerrou o encontro sumando a primeira vitoria como local e encadeando dous partidos consecutivos puntuando en casa, á espera de comezar xa a preparar o duelo da quinta xornada ante o Lóstrego CF a domicilio.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content