Site icon E.F.F. Rosalia

O Infantil arrinca 2026 cunha vitoria contundente en Oira

O equipo infantil da EFF Rosalía impúxose por 5-1 ao Valladares no campo municipal de Oira nun encontro dominado de principio a fin a pesar por baixo no marcador, que deixou grandes sensacións no primeiro partido do ano.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía comezou o ano 2026 da mellor maneira posible. O conxunto infantil asinou unha brillante vitoria por 5-1 ante o C.D. Valladares no campo municipal de Oira, nun partido no que as nosas mostraron carácter, intensidade na presión e unha notable eficacia ofensiva.

O encontro arrincou cun ritmo moi alto. Aos poucos minutos, Aroa e Lara avisaron con senllos remates, mentres que o Valladares respondeu cun contragolpe que obrigou a extremar a atención defensiva. A igualdade mantívose ata o minuto 16, cando unha gran acción individual de Emma polo sector dereito terminou cunha cesión a Irene, que adiantou ao conxunto visitante cun potente disparo por arriba.
A reacción do conxunto de Carlos e Manu foi inmediata. Apenas dous minutos despois, Aroa protagonizou unha xogada individual pola banda dereita e cruzou o balón para asinar o empate (1-1). A partir de aí, noso equipo creceu. Lara rozou o gol tras unha recuperación alta e, no minuto 25, culminou outra acción de presión para marcar o 2-1 cun disparo cruzado. Antes do descanso, as nosas seguiron xerando ocasións, incluída unha acción a balón parado que terminou cun remate de Nuria Caride salvado sobre a liña.

Na segunda metade, o guion non cambiou. O Infantil mantivo a iniciativa, recuperando o balón moi arriba e probando fortuna desde fóra da área. Irene e Ari tiveron oportunidades claras, pero foi no minuto 67 cando o partido quedou practicamente sentenciado. Tras unha rápida transición de Vera pola banda dereita, Nuria Caride recuperou o esférico e iniciou a xogada que acabou con Isabel marcando o 3-1 desde a frontal. O dominio local traduciuse en máis goles. No 76’, outra recuperación de Lara permitiu a Isabel cruzar o balón para asinar o cuarto. Tres minutos despois, Ari asistiu a Lara, que pechou o marcador cun potente chute por arriba para establecer o definitivo 5-1.

Un triunfo coral, baseado na presión, o xogo colectivo e a ambición ofensiva, que permite ao Infantil da Escola de Fútbol Femenino Rosalía comezar o ano con confianza e reforzar o seu crecemento competitivo na liga.

Exit mobile version