Site icon E.F.F. Rosalia

O Infantil comeza o ano a domicilio

A EFF Rosalía Infantil volve á competición liguera e faio enfrontándose ao Umia CF na segunda xornada da segunda volta.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil comeza o ano enfrontándose a un rival sempre complicado como o Umia CF. O duelo será mañá domingo 16 de xaneiro na Bouza e as de Diego Castro necesitan seguir a liña dos últimos partidos para vencer neste complicado partido.

As azuis fixeron borrón e conta nova tralo final de ano que rematou coa derrota fronte o Mos e o empate sen goles ante Atlético Arousana, ambos partidos en O Seixo. Enerxías renovadas e moitas ganas de competir. Esa é a receita que, xunto ao duro traballo, terá que seguir o Infantil para sumar os tres puntos. No partido de ida, o duelo resolveuse cun axustado 3-2 con goles de Sara, Alma e Victoria, logrando desta maneira a primeira vitoria da tempada.

As pontinas buscarán os tres puntos como na primeira volta.

Diego Castro contará coa baixa de Lucía Novoa. A baixa da capitá está suplida por Lucía Torres, que volve a unha convocatoria logo de ser baixa a pasada xornada. As 16 xogadoras para viaxar a Barrantes son:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA INFANTIL

Porteira: Aldara.
Defensas: Aline, Aitana, Miriam, Noa Sanz, Ainara e Candela Currás.
Centrocampistas: Lucía Torres, Xiana Carballo, Nair e Sara.
Dianteiras: Antía, Zaira, Candela Losada, Irene e Victoria.

O técnico atendeu aos medios do club: “O equipo volveu das vacacións con moita menos faísca, menos enchufado. Intentaremos volver coller o ritmo que tiñamos antes do parón debido a tantos días de vacacións sen competición”, resaltou despois do último adestramento previo ao partido.

O duelo estará dirixido pola colexiada María López Herbés do Comité Técnico de Árbitros de Pontevedra e dará comezo ás 12.00 horas.

Exit mobile version