O Presidente da Deputación interesouse polo proxecto da EFF Rosalía

Na mañá de hoxe o Presidente da Deputación Provincial, D. Jose Manuel Baltar Blanco recibiu no Pazo Provincial a unha delegación do noso clube interesado en coñecer o funcionamento do noso proxecto.

Interesouse moito pola nosa labor non solo deportiva senon as colaboracións que estamos a desenrolar con diferentes asociacións tanto a nivel ourensá como autonómico e incluso mundial.

Tivemos o pracer de ensinarlle algunha exclusiva na que estamos a traballar a nivel social e comprometeuse a colaborar con nós, dentro do posible, no funcionamento do clube, con unha aportación para esta tempada de 4.000€ para axuda de transporte e co compromiso de poder levar a tempada que ven a marca “Ourensanía” nos nosos uniformes cousa que dende o noso clube agradecemos e nos enorgullece profundamente.

Aproveitamos a ocasión para facerlle entrega do carnet e a bufanda de simpatizante do noso clube e dunha camiseta da nosa primeira equipación co dorsal número 7 e os nomes das súas fillas.

Dende a directiva da EFF Rosalía queremos agradecer o trato cercano e o seu interese pola nosa actividade que tanto a institución da Deputación Provincial como o seu Presidente nos dispensou nesta visita.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content