Logo da derrota da semana pasada no Monte da Aira, as Promesas logran a súa primeira vitoria a domiclio na Gándara na xornada 5 de competición.
A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía asinou a súa primeira vitoria a domicilio da Liga 20/21 na súa visita ao campo da Gándara-Valladares. Con esta vitoria, as máis pequenas seguen terceiras na táboa clasificatoria cun balance de 3 vitorias, un empate e unha derrota.
Tres puntos sufridos os conseguidos na Gándara polas nosas Promesas. A baixa de Sabela no mediocentro causo máis problemas dos esperados, sobre todo á hora de crear xogo e dar fluidez ao ataque azul. Isto traduciuse nun problema á hora de crear ocasións na área rival e os constantes cambios de posición non parecían dar resultado.
Na segunda parte dous goles de Candela, o primeiro deles a dez minutos de rematar o encontro, decantou o electrónico ao noso favor ante un bo Valladares que puxo as cousas moi complicadas ás xogadoras de Feijóo e Miguel.
A pesar da victoria o tandem non se amosaba contento co xogo desplegado coincidían á hora de indicar que o conxunto ten que seguir adestrando e traballando para tratar de mellorar.
Pola sua banda, as máis pequenas tiveron outra xornada para continuar a súa formación competicional o pasado sábado no Monte da Aira fronte aos prebenxamines do Bosco. Actuou o equipo senior de teloneiro nunca tarde na que buscamos que as xogadoras máis pequenas (entre elas dúas en categoría biberón) e as que inda precisan coller máis soltura, consigan completar a súa formación. Son partidos nos que as indicacións van moito máis orientadas a búsqueda de decisións propias por parte das xogadoras e orientalas a comprender o xogo da mellor maneira, que é xogando. O partido foi unha festa, na que os dous equipos se vaciaron baixo a chuvia nun partido intenso e moi competido do cal disfrutaron un montón os pais de ambos conxuntos. Parabéns os dous equipazos!!!