As pontinas non atoparon a súa mellor versión nunha primeira metade dominada polo conxunto visitante, que encarrilou o partido cun gol de Alba e sentenciouno na segunda parte por medio de Joa.
Derrota da Escola de Fútbol Feminino Rosalía ante o Atlético San Pedro no campo municipal de Oira nun encontro no que o conxunto visitante foi superior durante boa parte da primeira metade e soubo executar á perfección o seu plan de partido. As pontinas non conseguiron manexar o ritmo do xogo nos primeiros 45 minutos e víronse obrigadas a resistir ante as numerosas chegadas do San Pedro.
O equipo de Alberto Tamayo saiu a por todas e avisou pronto. No minuto 3′, Noa puxo un centro desde o sector dereito cara á zona de gol da área pequena e Noui estivo moi preto de rematar. UN espejismo, a partir dese momento as rivais fixeronse con ritmo do partido e pouco despois, María presionou a saída de balón de Karla e a punto estivo de marcar. Joa tamén dispuxo dunha ocasión clara no 13’, pero o seu remate marchou alto. O 0-1 chegou ao cuarto de hora, despois dun contragolpe do San Pedro que terminou cun forte disparo de Alba desde o bordo da área. Karla non conseguiu despexar e o conxunto visitante adiantouse no marcador. Tras o gol, o San Pedro mantivo o dominio e seguiu xerando perigo. Miranda tentouno en varias accións a balón parado e con disparos afastados, mentres Joa volveu aparecer con remates que non atoparon portería. Karla sostivo as pontinas cunha gran intervención no minuto 24′, despexando a córner un chute perigoso.
Antes do descanso, o partido abriuse e chegaron as mellores opcións pontinas. No 43’, Aroa respondeu cun paradón a un disparo de Noa desde a dereita. No córner posterior, sacado por Candela, Añón rematou de cabeza ao traveseiro. Xa no 45’, Sampi filtrou un gran balón ao espazo para Noui, pero Aroa volveu intervir con acerto para evitar o empate. Todo esto despois de lesionarse no quecemento e hogar cun ombreiro lesionado.
“San Pedro tivo moi claro o plan desde o inicio e executouno moi ben”, Alberto Tamayo.
O conxunto de Tamayo tentouno tras o descanso
Na segunda parte, a EFF Rosalía tratou de dar un paso adiante e buscar máis presenza en campo rival. Con todo, o Atlético San Pedro foi recuperando terreo co paso dos minutos e volveu atopar espazos ás costas da defensa pontina. No minuto 66′ chegou o segundo tanto visitante. Joa recibiu un balón profundo, encarou a saída de Karla e resolveu cunha vaselina para establecer o 0-2. Noso sénior non deixou de tentalo. No 70’, Candela botou unha falta que Añón cabeceou desviada. Máis tarde, Noui probou fortuna cun disparo frouxo que atrapou Aroa sen problemas, e Aldarita tamén o tentou desde a frontal. A última ocasión local chegou no tempo engadido, cun bo balón de Aldarita ás costas da defensa para Losada, que encarou a Aroa, pero non conseguiu superar á gardameta visitante.
“Despois do 0-1 tivemos momentos para meternos no partido. As ocasións de Noa, o remate de Añón ao traveseiro e a acción de Noui puideron cambiar o guion antes do descanso. Na segunda parte tentamos dar un paso adiante, pero o segundo gol penalizounos moito”, engadiu o noso técnico ao termo do encontro.
FICHA TÉCNICA


Goles
0-1 (minuto 14) Alba
0-2 (minuto 66) Joa
Tarxetas
Amarela (minuto 80) María




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino