Noui decide un choque moi igualado cun gol na parte final do partido.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía continúa firme no arranque da tempada. As pontinas impuxéronse por 0-1 ao Vitoria F.C. B no Estadio de Santa Isabel, sumando a súa segunda vitoria consecutiva na Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP.
O encontro comezou con igualdade, con alternativas en ambas as áreas. O balance de ocasións favoreceu ao Rosalía con tres chegas por duas das locais nunha primeira metade intensa, onde ningún dos dous equipos conseguiu abrir o marcador.
Na segunda parte, o cambio de sistema exposto por Alberto Tamayo resultou decisivo. As azulonas lograron apropiarse do centro do campo, anularon o ataque das locais e continuaron xerando perigo sobre a portería rival. O dominio do tempo do partido foi claramente para as ourensás. A recompensa chegou no minuto 78, cando Noa Fernández ‘Noui‘ cazou un balón dividido, adiantouse ás centrais e superou á porteira Ana Calvo para anotar o gol da vitoria. Intentou Emma, nada mais sacar de centro do campo, pero seu disparo petou no lateral da rede da portería defendida por Karla.
“É un resultado moi positivo nun campo moi complicado ante un rival moi difícil, que seguro estará na parte alta da clasificación. O equipo fixo un gran esforzo e soubo aproveitar as súas opcións no momento clave”, Alberto Tamayo, adestrador Escuela de Fútbol Femenino Rosalía
Con este triunfo, a E.F.F. Rosalía alcanza os seis puntos de seis posibles e sitúase na terceira posición da táboa, empatada con Atlético San Pedro, Lóstrego ‘B’ e Vitoria CF ‘B’, próximo rival das pontinas o vindeiro domingo 5 de setembro.
FICHA TÉCNICA
0-Victoria B: Ana, Claudia, Violeta, Andrea (Enma, 46′), Marta, Xiana, Xiana Martínez, Lucía (Amanda, 57′), Martina, Irene (Sheila, 57′ – Lola 65′) e Paula (Paula Fernández, 46′).
1-EFF Rosalía: Karla, Lú (Aline, 61′), Aldarita, Noa (Zaira, 58′), Sara (Candela Losada, 85′), Sampayo, Mihret, Añón, Noui (Sanmiguel, 85′), Sabela (Antía, 46′) e Bouzas.
Goles:
0-1 (min. 78) Noui
Tarxetas:
Amarela (min. 83) Enma

