Otero: “Rosalía disputou os mellores minutos do ano”

“Foi un partido moi serio das xogadoras”, declarou o técnico.

Jonny Otero compareceu na sala de prensa do IMD As Travesas e analizou a vitoria da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía fronte ao Balaidos: “O partido foi disputado, no que elas estiveron bastante ben organizadas e defendido moi ben ata o descanso. Pola nosa banda, Rosalía disputou os mellores minutos do ano”.

“Non creo que houbese tanta diferenza como marca o marcador final, eu non usaría esa palabra para definir a ambos equipos. Está claro que nós tivemos un partido moi bo, pero este Balaidos, por xogo e idea, non debería ter os puntos que ten”.

Suma e segue
“Foi un partido moi serio das xogadoras. Dominaron coa posesión de balón o tempo do partido e non afrouxaron ata o 0-4, cando o partido estaba sentenciado a favor nosa”.

Importante vitoria previa a Peñasco e Lóstrego
“Seguimos coa mentalidad que resalta Miguel, cada semana soamente mirar á semana que entra. Non me gusta a distracción de pensar no que poida pasar dentro de dous fins de semana, isto pode provocar que non compitas como debes”.

Ana Seguín
Ana sabiamos que era unha xogadora que nos tiña q aportar gol e sen dúbida agora está nese momento que as xogadoras de ataque necesitan ter para que o balón entre e nós temos que aproveitalo”.

“Zaira é a nosa Falcao”

Jonny Otero, adestrador axudante EFF Rosalía senior

Zaira
“Non é unha sorpresa que Zaira aínda non estando no seu mellor estado de forma faga goles. Zaira é sinónimo de gol, ese tipo de xogadores que teñen a portería sempre en mente. Eu coméntoo moitas veces, é nosa Falcao, non por veterana senón por goleadora. Ademais dos goles é moi importante o que nos dá en canto a xogo colectivo”.

Debutaron todas as xogadoras dispoñibles
“Soamente faltaba Sequeiros e logo de adestrar moi ben os últimos días consideramos que era o momento de que entrase. O que non pode ser sorpresa é que xogue unha ou outra, todas teñen que estar listas para axudar ao equipo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content