A sede do Clube acolleu o acto de presentación do acordo de colaboración entre a EFF Rosalía e Ourenfisio. Ao acto asistiron o presidente Mario Gómez, o directivo Yuse e Aaron Yebra, xerente de Ourenfisio.
O presidente do clube referisse ao acordo: “Despois de estudiar tódalas ofertas que tíñamos para os nosos servicios de fisioterapia e recuperación de lesións, decidímonos por OurenFisio principalmente por dúas razóns. Trátase dunha empresa xoven e áltamente preparada que busca facerse un espacio no mundo laboral da nosa cidade e nós que somos un club novo tamén gústanos colaborar mutuamente no noso crecemento. Ademáis Aaron ao practicar o noso deporte ten moito mellor feedback cas sensacións e os problemas que as nosas xogadoras lle podan transmitir. Para nós ademáis a axuda de Adolfo Barbosa é vital para darlle tódala a información correcta a Aaron e o seu equipo de OurenFisio”.
OurenFisio únese así á lista de empresas que ofertan servicios ás xogadoras do noso clube
A empresa ourensá trátase dunha clínica de fisioterapia de recente creación e cun personal xoven e altamente cualificado que velará polas lesións das nosas xogadoras a partir desta tempada. Co recente convenio de colaboración que se asinou nas nosas oficinas as xogadoras do noso clube beneficianse dun extraordinario precio por sesión para cada tratamiento. Ademáis en OurenFisio dispoñen dun ecógrafo co cal poder facer un seguimento máis exahustivo da evolución de cada lesión.
No acto da firma do convenio o xerente de OurenFisio Aaron Yebra mostrouse contento polo acordo alcanzado: “Para a clínica Ourenfisio é unha gran alegría o feito de firmar un convenio co único clube de fútbol femenino da provincia de Ourense. Nós somos unha clínica reciente pero con cierta experiencia no ámbito do deporte. Poremos todo da nosa parte para axudar a que todas as xogadoras poidan estar más mellores condicions para defender a nosa cidade facendo o que mais lles gusta. Gustariame agradecer á directiva do clube por confiar en nós para esta tarefa e animalos a continuar ese importante traballo que están a facer no deporte ourensan facendo felices a moitas rapazas.”