PARTIDO BENÉFICO EN BENEFICIO DA AECC OURENSE

Na previa do debut da EFF Rosalía infantil e a xornada de liga do equipo senior disputouse, con motivo do Día mundial do cancro de mama, nun empapado Campo do Colexio Salesianos o partido benéfico en favor da AECC.

Fai un mes as Xuventudes Socialistas de Ourense convidárannos a participar del e nós non o dubidamos porque pensamos de corazón que un día como o 19 de outubro só debe de primar unha cor… o rosa da loita contra o cancro de mama.

Un mes cheo de preparativos, de traballo, de ideas e finalmente chegamos a data do evento, pero esto é fútbol e algo que engancha do fútbol é que nunca sabes como te vas atopar o campo onde vas a xogar e a caprichosa climatoloxía quixo poñérnolo complicado e difícil agasallándonos cun día de outono infernal jarreando auga a todo meter.

Amago de suspensión á mañá por parte dalgunhas das nosas rivais, unha selección de “Mulleres de Ourense” nas que destacaban concelleiras de casetodos os partidos representados en Concello e Deputación, xornalistas, deportistas e ata a nosa valente tesoreira que tamén se animou… por parte do noso clube convidámolas a non ceder e ao final animáronse. Penso que non se arrepentiron, quizáis a choiva desluciu un pouco o acto en número de asistentes, en recaudación (inda que non estivo nada mal) e na calidade do xogo desplegado…. pero a causa merecía esa dosis de bravura e o resultado penso que non decepcionou a ninguén.

Yolanda, nosa tesoreira empleouse a fondo de defensa.

Por parte do noso clube queremos agradecer á xente que pensou en nós para esta iniciativa, grazas porque a solidaridade é un dos valores que pretendemos enseñar a todas a nosas xogadoras na Escola e estes actos son un reflexo de solidaridade, con só unha cor… o rosa, independientemente de quen leve o traballo de organizalo.

Graciñas tamén á implicación das nosas xogadoras e as súas familias, co día que estaba énchenos de orgullo ver como Marta e a súa familis se desprazou dende Lobios para participar, Yadira e a súa familia dende Nocelo e un largo etcétera… Graciñas de corazón.

Pola nosa parte esperamos repetir e a próxima vez a ver se temos sorte e o partido non é de waterpolo.

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content