A centrocampista decide volver á disciplina da EFF Rosalía 9 meses logo de despedirse do club.
A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía chegou a un acordo con Patricia Leonor Leal (Paredes, Portugal, 2002) para a súa renovación de contrato por unha tempada, ata 2021, con opción a unha campaña adicional. A centrocampista aterrou a tempada 2018 na EFF Rosalía, Patricia convértese na decimoquinta futbolista que estendeu o seu contrato co club azul tras moitas das súas compañeiras a campaña pasada.
Patricia converteuse nun dos alicerces no sistema ofensivo de Alonso Méndez na súa primeira tempada no club. No seu segundo ano, con Iván Canal aos mandos, retrocedeu uns metros no campo para reforzar a medular no dobre pivote ou en punta do rombo, dependendo do sistema utilizado.
No acto de renovación, a portuguesa aclarou os motivos de voltar a vestir as cores do Rosalía: “Xa tiña a idea para volver xogar para a próxima tempada, pero no último momento convencéronme definitivamente de unirme para ayudar ao equipo na segunda volta de competición”. Patricia chega a un equipo que encabeza a táboa sumando por vitorias todos os partidos togados ata o de agora “O equipo ten moi bo aspecto desde fóra, a pesar do parón pola pandemia, comezaron e seguen con moi bos resultados”. Despois de compartir algún adestramento coas suas compañeras reflexiona diciendo que “Unha vez de volta, nótase un bo ambiente entre as xogadoras, incluso cos adestradores”. En canto a sua adaptación á dinámica do equipo, non cre que atope problemas “Eu creo que non. De momento, todo vai ben e coñecendo o equipo, seguirá así”.
A centrocampista xa está traballando co equipo e a disposición do corpo técnico para entrar na convocatoria.