Pequenos Super Héroes e a EFF Rosalía asinan acordo de colaboración.

A EFF Rosalía colaborará ca asociación de familias de nenos con miopatía miotubular y CNM á que pertence o pequeno Rafa, un neno pontino que é o único caso en toda Galicia.

O acordo consiste na visibilización desta asociación por parte do clube, para esto o equipo senior utilizará como camisetas de quencemento prepartido as de dita asociación, camisetas que serán adquiridas pola EFF Rosalía. Por outra parte, na nosa tenda online estarán a disposición de todos os interesados as camisetas á venta e, un ano máis, organizaremos un acto durante a vindeira tempada para recaudar fondos, como o realizado o pasado 8 de marzo.

Para a EFF Rosalía, Pequenos Super Héroes, convértese na terceira asociación sen ánimo de lucro ca que colaboramos anualmente e súmase a Common Goal e a GalciciAME ás cales lles doamos o 1% do noso presuposto anual.

No acto asistiu a familia de Rafa e Zaira e Ainara da EFF Rosalía senior.

No acto de presentación do acordo os pais de Rafa tomaron a palabra para indicar: “para nós é un pracer recibir axuda dunha entidade como a EFF Rosalía porque ademais de facer bo fútbol, son un grupo moi comprometido coas causas sociais como xa nos demostraron coa organización e participación no partido solidario do pasado 8 de marzo”.

“Con esta iniciativa, ademais da aportación económica derivada da venta das camisetas tamén se lle dará visibilidade a nosa asociación e por conseguinte a todos os afectados por a miopatía miotubular ou outras miopatías centronucleares. Como todas as campañas de recaudación de fondos que se fan no nome de Pequeños Superhéroes, os cartos recaudados empregaránse para financiar proxectos de investigación para intentar mellorar a calidad de vida dos nosos nenos”, recalcou Raquel, nai de Rafa.

Mario Gómez, presidente da EFF Rosalía, indicou que: “dende a nosa Escola un dos valores nos que máis tratamos de insistir as nosas nenas é o da solidaridade xa que pensamos que o fútbol é unha ferramenta brutal para axudar, integrar e colaborar ca xente máis necesitada ou que ten máis problemas”.

Outras formas de colaborar coa asociación é participando nos eventos solidarios que se realizan, por exemplo, o próximo 2 de agosto a Asociación de Veciños de Melias celebrará unha andaina solidaria para recaudar fondos para Pequeños Superhéroes, ou mediante os donativos que se fan a nosa conta que aparece na páxina web da asociación pequenossuperheroes.org

Check Also

O Campus de fútbol regresa do 24 ao 28 de xuño

O Campo de fútbol de Soutopenedo acollerá as sesións técnico-tácticas e o plazo de inscripción …

Ir o contido