Pleno de triunfos no Municipal de Oira

Os goles de Vicky (2), Noa, Zaira e Yadira dan a cuarta vitoria seguida á EFF Rosalía en casa, que coloca ás nosas na segunda praza.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía venceu á Sociedade Deportiva Ponteareas nun partido que dominou de principio a fin e que vale para subir ao segundo posto da táboa clasificatoria. O noso equipo, que prolonga o seu pleno de triunfos no Municipal de Oira (catro de catro), empata agora en 18 puntos ao Porriño Industrial, terceiro clasificado, ao empatar San Mateo e perder dous postos na clasificación. A EFF Rosalía encarrilou o encontro nunha gran primeira metade, na que marcaron Vicky por partida dobre e Noa. Na segunda non houbo goles ata os minutos finais, nos que Zaira e Yadira redondearon o marcador final.

O noso equipo era consciente da importancia de gañar tras a derrota da xornada anterior e empezou da mellor maneira ao marcar Vicky na primeira chegada á área visitante ao minuto de xogo. Fara centra desde a banda para que a dianteira envíe o balón ao fondo da rede. Tentouno Fara no 5´cun remate que terminou nas mans de Itziar. Catro minutos despois, Matilde proba os reflexos da gardameta rival con vitoria de Itziar. Ao bordo do cuarto de hora de partido, mesmas protagonistas que no primeiro. Fara dispara desde o bordo da área, toca nunha defensa e Vicky, moi atenta, envíaa dentro (2-0). O noso equipo era un vendaval e puido ampliar distancias no 21’, 24′ e 29′ con remates de Fara, Ester e Bonjoch desde fóra da área que detivo Itziar. Ao fío da media hora, Noa remata un centro de Matilde desde o sector dereito ao que responde cunha boa intervención a gardameta ponteareán. Non puido facer o mesmo aos 42′ minutos. A xogada colectiva, foi tan estética como fulgurante. Noa puxo a definición e Ester, a precisión no pase, para que a defensa coase o balón pola escuadra.

A pesar da vantaxe, o conxunto pontino seguía ao seu: xerando ocasións. Itziar, cunha gran intervención, evitou o cuarto tanto local tras un remate de Aldarita no 50’ e Itziar brillou unha vez mais dez minutos máis tarde nun remate de Aroa na seguinte xogada. Cumprida a media hora do segundo tempo triplo ocasión. Chao tentouno no 32′ cunha internada dentro da área que obrigou a intervir a Itziar cun despexe que volve rematar a dianteira con outro despexa da gardameta que volve rematar Chao, esta vez ao poste. Máis clara foi a ocasión de Zaira no 84’ tras unha boa xogada de Aroa que termina aos pés da ‘francotiradora’ rematando á primeira para marcar o cuarto.

Golazo de Yadira
A un minuto de cumprirse o tempo regulamentario, Yadira recibe un pase no bordo da área que remata ao primeiro ao toque pegado ao pau esquerdo ao que nada puido facer Itziar. Cuarta vitoria noutros tantos encontros no Municipal de Oira.

Tobaruela, onte no Municipal de Oira.

En zona mixta, os dous adestradores atenderon á nosa web para dar a súa valoración do sucedido sobre o terreo de xogo. “Volvemos á competición despois da xornada de descanso e xogamos contra un equipo que se fechou atrás con todas as xogadoras. Aínda así fomos quen de meter varios goles. As nosas xogadoras moveron ben o balón e souberon impoñer o ritmo de partido ofensivamente. Defensivamente non podo pedir máis: cun posicionamento avanzado contivemos ás rivais no seu propio campo; de feito, as de Ponteareas non conseguiron pasar do medio campo co balón controlado. Seguimos sumando puntos e experiencia”, indicou noso técnico. Pola sua banda, Gabriel Aguiar sinalou que “Viñemos sabendo que era un rival forte, sabendo que ían ser contundentes en ataque, conseguimos palear dalgunha maneira os seus ataques e ímonos cunha valoración positiva polo esforzo das nosas xogadoras e pensando xa no seguinte partido dentro de 15 días fronte a San Roque”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content