Pleno de vitorias tras un segundo tempo de pegada azul

O balón parado decide en Oira: Candela, Vitoria e Irene asinan un triunfo de carácter tras o descanso.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía asinou o seu segundo triunfo consecutivo no arranque da Liga Galega Cadete ao derrotar ao C.D. Teis no Municipal de Oira. Un choque espeso na primeira metade desatouse tras o descanso. Candela, Victoria e Irene certificaron unha vitoria traballada que mantén ás nosas na zona alta con seis de seis.

O encontro comezou con ritmo intermitente e poucas concesións. Aos nove minutos, Nicole aproveitou un mal despexe de Vanessa en mediocampo, arrincou en velocidade e o seu disparo cruzado marchou por pouco. Un minuto despois, Xela probou desde a frontal e Noa blocou con seguridade. No 15’, Sara combinou pola dereita con Noa Rodríguez, pero o remate foise desviado. A primeira metade pechouse sen dominador claro e con ambos os equipos priorizando a orde.

Amelia canalizou na dereita o perigo local na segunda metade.

A pegada, tras o descanso
Nada máis volver, chegou o 1–0. Amelia forza un córner a favor. Ainhoa botou un córner ao corazón da área e Candela empuxou á rede aos cinco minutos da reanudación. O Teis respondeu cunha falta directa de Noa Rodríguez que detivo Noa e, pouco despois, co 1–1. Balón profundo de Sara Alonso para Noa Rodríguez á espalda da defensa, que definiu por arriba desde a esquina do área (minuto 52’).
A reacción azul foi inmediata. No 56’, falta lateral sobre Ainhoa no sector dereito executada por Amelia, rexeites no área e remate de Victoria para o 2–1. A mesma receita volveu funcionar: outro balón parado servido por Amelia acabou no punto de penalti e Irene, cun dereitazo, asinou o 3–1 (70’). O Teis agarrouse ao partido cun contragolpe que Guisande rematou con calidade para acortar distancias a sete minutos do final, e no tramo final o Rosalía rozou a sentenza. Sara non atopou portería tras un despexe curto (75’), Xiana rematou fóra en boca de gol a centro de Nicole (77’) e Nicole cabeceou desviada un centro de Ainhoa (78’).

FICHA TÉCNICA:
3- Rosalía: Noa, Sabela, Antía, Amelia, Nicole, Candela, María Sofía, Irene, Elena, Sofía e Victoria
(Suplentes: Claudia, Ainhoa, Xiana, Lucía e María).
2-Teis: Áfrika, Xela, Briana, Ariana, Sara, Noa Guisande, Noa Rodríguez, Aitana, Rania e Mia
(Suplentes: Tamara e Alba)

Goles
1-0 (minuto 45) Candela
1-1 (minuto 52) Noa Rodríguez
2-1 (minuto 56) Victoria
3-1 (minuto 70) Irene
3-2 (minuto 73) Guisande

Amarelas
Briana (minuto 49)
David Alonso (minuto 50)

Check Also

O Cadete comezará a tempada no Municipal Coto Torrón ante o Louro Tamega

O calendario do grupo IV arrinca o 29 de setembro e finalizará o próximo 14 …

Ir o contido