Presentación de Bea na sede da EFF Rosalía

Elixiches ao Rosalía polo teu amor ao fútbol e dende hoxe poderás gozalo un ano máis”, afirmou Mario Gómez.

Beatriz López foi presentada como nova xogadora da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía na sede oficial do club no barrio da Ponte. A defensa, que xogou na SD Chantada as dúas últimas tempadas, queda vinculada ao club ata o 30 de xuño de 2021. O acto arrincou coa proxección do vídeo de presentación da xogadora. A continuación, o presidente Mario Gómez deulle a bienvenida: “Estamos vivindo días especialmente ilusionantes na construción dun novo tempo que está encamiñado a que se fagan realidade os soños dos afeccionados do Rosalía”.

“Para lograr os retos vindeiros queremos perfeccionar e mellorar a calidade dun persoal que seguro engrandecerá a historia da Escola de Fútbol Feminina Rosalía”.

“Hoxe damos a bienvenida a Beatriz López, unha chantadina que a ben seguro virá a facer o noso equipo mellor dende a súa posición na defensa e co seu excelente carácter e personalidade de excelente persona”.

Antes da presentación, Bea rubricou o seu novo contrato na mesa de xuntas da sé acompañada por Mario Gómez e Yuse. A Chantadina chegou ao club da súa poboación no verán de 2018, onde foi unha das xogadoras máis destacadas na zaga durante as duas tempadas que estivo no club da Comarca de Chantada. A pesar de sua xuventude, 19 anos, será unha das veteranas do equipo “penso que a “veteranía” vai un pouco da man da experiencia, algo do que eu carezo un pouco porque aínda estou empezando nisto. Espero aportar o que o equipo necesite e seguir aprendendo”, sinalou a defensa.

Bea mostrouse moi feliz á hora de asinar pola EFF Rosalía.

En declaracións aos medios do club, a defensa especificou “Pois a verdade decidin firmar polo Rosalía foi grazas a Noa. Ela sabía que a min o fútbol gústame e que o equipo no que xogaba non ía saír a competir, así que díxome que fose probar, e aquí estou como nova xogadora “azul”. Unha situación que axudou a sentirse ben desde o primeiro momento nun vestuario novo “A verdade é que me atopo moi a gusto coas compañeiras e cos adestradores, fanche sentir parte do grupo desde o minuto cero”. “É certo que cada equipo ten o seu formar de xogar e aínda me estou adapatando ao estilo do Rosalía”, sinalou a chantadina.

Futuro
“Pois me gustaría intentar pillar ao grupo en canto a ritmo e pasarmo igual de ben que ata agora .Pero tamén creo para o grupo é bo ser ambiciosos e ir gañar a cada partido que temos”.

EFF Rosalía
“Estar nun equipo que é únicamente feminino e que ademais é o único de Ourense é algo xenial, porque ves como unha chea de nenas pequenas aprenden e xogan ao fútbol para acabar xogando no senior. É algo difícil de ver e estou moi contenta de poder xogar aquí e velo desde dentro”.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content