Presentado o partido benéfico contra o cancro de mama

Presentado o partido benéfico que se disputará o 19 de outubro no campus universitario ás 20.00 horas. Enfrontaranse unha selección da EFF Rosalía ante unha selección de mulleres de Ourense.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía e a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense presentaron este xoves na sede da esta asociación o II Partido benéfico contra o cancro de mama, nun acto que contou coa presenza dos representantes políticos de Concello e Deputación, a Universidade e os representantes da asociación, Germán Rodríguez-Sáa, como presidente e Olga Mojón, no cargo de vicepresidenta. Xunto a eles estivo o vicepresidente do club, ‘Yuse‘ Vázquez.

No acto presentouse o partido benéfico que se disputará o próximo 19 de outubro ás 20.00 horas nas instalacións deportivas do Campus Universitario de Ourense, no que se enfrontarán un equipo da EFF Rosalía ante unha Selección de mulleres de Ourense, integrada por ex xogadoras, políticas, xornalistas e empresarias.

Con este partido perséguese conseguir fondos para a investigación do cancro de mama. “É preciso insistir nesta loita contra o cancro de mama, sendo o día 19 un día especial neste sentido. Detrás do movimiento rosa hai monta investigación, apoio e concienciación, conseguindo que este cancro sexa un dos de maior supervivencia, co 85%. Ainda así, queda moito por facer.”, sinalou Olga Mojón, que quixo dar as “grazas á EFF Rosalía por permitirnos celebrar este partido, xunto ao equipo non profesional das mulleres de Ourense”.

Pola súa banda, o noso vicepresidente, ‘Yuse‘ Vázquez, quixo, en nome do club, “agradecer que contasen connosco, xa que dende o club nunca dubidamos en canto chámannos para calquera evento benéfico, xa que como escola, non soamente deportiva, queremos ser escola en valores e que as nenas non sexan alleas ás problemáticas que nos rodean. Un pracer participar e soamente desexar que ese día sexa un éxito e que, ao contrario que no anterior partido, a climatoloxía acompáñenos. Por un día, que o campus da auga, non o sexa e faga bo tempo”.

Todos os interesados en achegar o seu gran de area poden adquirir unha entrada para o partido, colaborar na fila cero ABANCA É68 2080 0475 5630 4000 0077 ou adquirir a camiseta conmemorativa na páxina web da asociación.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content