As de Canal, con Yadira, Sabela e Andrea na convocatoria, buscan seguir sumando ante un dos equipos fortes da competición.
Segunda xornada de liga e as nosas senior visitan o que probáblemente sexa o campo máis complicado da tempada, O Cruceiro de Ponteareas. Este domingo día 15 a partires das 16:00 as pupilas de Canal e Juanma Bello visitan o feudo do San Mateo, campo de herba natural dun potente clube con moita tradición e que a pesar de non comezar a liga como todos esperábamos en Gondomar, a ben seguro trátase de un dos conxuntos favoritos a acadar o ascenso de categoría.
O partido de mañá será o segundo dos tres que o equipo completará nestas tres primeiras xornadas ante os posiblemente tres equipos máis duros da competición. “témolo que afrontar como se levásemos cero puntos na liga e intentar loitar por estes tres puntos a ver se os podemos sacar adiante” sinalou Iván Canal en sala de prensa. https://www.effrosalia.es/rolda-de-prensa-ivan-canal-previa-2a-xor-san-mateo-vs-eff-rosalia/
As nosas Rosalías, que veñen de facer un gran partido fronte un poderoso Pereiró e de colleitar un empate, resultado moita máis positivo do esperado ao ser o Pereiró un equipo que ben seguro perderá poucos puntos na tempada.
Os técnicos citaron a 16 xogadoras para medirse ao San Mateo. A gran novidade é a inclusión de Sabela, Yadira e Andrea, que poden debutar en competición oficial. Tamén se estrena na lista Silvia Chao, ausente a última hora na pasada convocatoria por enfermidade.
Non poderán estar por lesión Judith, por traballo Cae Vizcaya e por motivos personais Eli, Marta e Lucía Vázquez. Quédanse fora da convocatoria Noa Fírvida e Saray por decisión técnica.
A lista de 16 está composta por: Rocío, Zaira, Alba, Lidia, Ainara, Silvia Chao, Feijóo, Aldara Sequeiros, Patricia, Noa Fernández, Aldarita, Noa Domínguez, Andrea, Sabela, Yadira e Isis.
Precedentes.
Este será o terceiro enfrontamento da EFF Rosalía e San Mateo en Liga. O balance é de empate (unha victoria para cada equipo), pero reseñar que a tempada pasada o resultado no Cruceiro foi moi a favor das locais que endosaron un claro 6 a 0 as nosas xogadoras.
Resto da xornada.
Do resto da xornada destacan o Chispa vs Gondomar e o Vilariño vs Umia “B” (1º e 2º clasificados) que xunto co noso partido fronte as do San Mateo podémolos considerar como os partidos da xornada.
Pola parte baixa, Juventud de Cambados e Balaidos enfrontanse a para intentar conseguir seus primeiros puntos na competición, mentres que o Mosteiro descansa ao retirarse da competición o Juvenil de Ponteareas.