Previa das nosas senior, voltamos á competición

Despois de varios paróns voltamos a retomar o ritmo competitivo semanal con dous rivais de altura que nos van a vir moi ben para prepararnos para a sopredente fase de ascenso que vamos a vivir no noso primeiro ano de vida co noso novísimo equipo senior.

Esta semana como locais e no noso horario habitual de domingo ás 12:00 no Monte da Aira de Velle recibimos a un dos mellores equipos co que nos enfrontamos na primeira volta, o Racing Vilariño de Nigrán.

Xa tiñamos ganas de voltar a xogar no Monte da Aira

O noso rival atópase en plena pelexa pola cuarta praza co Bueu e o San Mateo, dous rivais que xa foron as nosas quen de gañar na boísima segunda volta que están a realizar.

Este partido vai ser unha boa pedra de toque para as futuras eliminatorias do ascenso, todo un inesperado premio co que nos agasallaron as nosas senior esta tempada sin ninguén contar con tal cousa. Só queda gozar do que queda da tempada e demostrar o crecemento deste equipo de gran futuro en cada partido que disputemos.

Dádelle duro Rosalías!!!

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content