O domingo ás 12 do mediodía no Monte da Aira de Velle celébrase a oitava xornada da 2ª Autonómica feminina.
O noso clube, cas baixas confirmadas de Alba e Sara por lesión, mídese ao filial do Atlántida Matamá, un dos conxuntos olívicos que pertencen a 2ª división nacional.
Á cita a nosa xoven plantilla chega ca ilusión e a confianza que lle supoñen as derradeiras duas victorias encadenadas consecutivamente.
Nunha semana especial de numerosos exámes e cun festivo que trastocou algo o traballo semanal, así como o Campionato de Seleccións Comarcais na que a nosa Escola tivo unha amplia representación na Selección Ourensá.
De seguro que será un intenso e disputado encontro entre duas plantillas moi novas en idade e que de seguro na segunda volta da competición mellorarán moito o seu rendemento competitivo.