Previa EFF Rosalía vs CD Bueu – 2ª xornada senior

Despois do noso primeiro punto conquerido no Municipal de Pardellas de Ponteareas o domingo pasado, e que nos deixou cun sabor agridoce porque visto o sucedido nos 90 minutos sobre o verde merecimos a victoria. Chega este domingo o mediodía a nosa estrea como locatarias.

Enfrontámonos o CD Bueu, que na primeira xornada saiu derrotado na casa no seu enfrontamento diante do EDVM Pereiró. Un resultado engañoso do nivel do noso rival xa que o Pereiró polas informacións que temos é o claro favorito da categoría e inda así o Bueu foi quen de adiantarse no marcador.

Nós continuamos con catro xogadoras na recámara por temas de idade e ademáis temos a algunha xogadora tocada por enfermidades leves o que fai que 15 serán as dispoñibles ás ordes de Alonso Méndez.

Esperamos poder ofrecerlle ao noso público a mesma imaxe que ofrecimos o pasado domingo en Ponteareas e estamos seguros que na grada do Monte da Aira notaranse os folgos das nosas pequenas do clube, dos equipos promesas, que están deseosas de comprobar como se desenvolven sobre o céspede as nosas Alba e Isis (monitoras delas) e as compañeiras que o ano pasado compartían vestiario con elas.

EFF Rosalía vs CD Bueu

Domingo 23 de setembro (12:00)

Monte da Aira de Velle

Arbitra: Óscar Lista Rivera

 

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content