Nova xornada da Liga Galega Promesas que se xogará íntegramente en xornada dominical debido aos compromisos das Seleccións Comarcais Sub12 do sábado en Sarria.
O domingo os nosos dous conxuntos viaxan a diferentes puntos e con duros rivais en ambos casos. As máis madrugadoras serán as nosas pequenas do Rosalía “B” perseguidas pola mala sorte nos resultados nas derradeiras xornadas, inda que facendo bo xogo e bos partidos que é o que realmente importa, enfrontaranse á boa escuadra do Umia no campo de Barrantes. Un partido en que as nosas teran en frente un duro rival pero ó que estamos seguros non vai ter nada doado levarse o partido ante as pupilas de Juanma.
Ás 11:00 na Gándara, como aperitivo dun importante derbi de 2ª Nacional entre o Valladares e o Sárdoma, enfrontase o equipo local ante a nosa escuadra dirixida por Alba Rodríguez. Tanto o Valladares, como o noso clube quere converter este partido nunha festa do fútbol base feminino galego e quitarlle unha innecedaria “tensión” que en moitas ocasións ven máis xenerada dende a bancada e nunca dende os bancos nin por parte das nenas que xogan o partido. Ben seguro que os que se despracen ata o campo da Gándara disfrutarán dun fermoso e apaixoante partido entre dous clubes que compartimos unha filosofía de clube e que tentamos medrar dende a base. Sempre é un gusto xogar este tipo de partidos con clubes de amigas…