Primeiro adestramento da selección sub-11 ourensá

A EFF Rosalía, con seis representantes na primeira convocatoria da sub-11

17 das 20 xogadoras seleccionadas e corpo técnico encabezado por Janalí Cañás

Na tarde de onte tivo lugar nas instalacións do Campo Antonio González Blanco do Polígono de San Cibrao das Viñas a primera toma de contacto das 20 xogadoras convocadas por Janalí Cañás, seleccionadora sub-11 ourensá. A EFF Rosalía foi o club con mais representantes nesta primera sesión de adestramento, estiveron Zaira, Miriam, Sofía, María e Iara.

María e Zaira (EFF Rosalía) presionan a Sara da AD Bosco.

A sesión comezou coa benvida do corto técnico e posterior quecemento con exercicios de control e pase, para logo disputar un partidillo para así poder como se desenvolvían todas as xogadoras no terreno de xogo, para finalizar realizaron unhos exercicios de finalización para ver o remate e cualidades das porteras convocadas.

Miriam nun lance do partidillo.

A seleccionadora mostrouse contenta ao remate do mesmo: “O adestramento foi intenso, con bo xogo e calidade, aínda que os nervios estiveron presentes pero non foron superiores á motivación e ganas de xogar ao fútbol que traían as nenas”. Na seguinte convocatoria haberá caras novas, xa que o corpo técnico quere ver cómo se desenvolven mais rapazas que non estiveron onte.

Janalí e Alba seguen as evolucións das xogadoras

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Ir o contido