Promesas: as pequenas do “B” a piques de dar a campanada, as do “A” seguen en boa liña

Nova fin de semana de compromisos para os dous representantes da EFF Rosalía na Liga Promesas. Ambos equipos xogaron seus compromisos no Monte da Aira, tocou madrugar para poder asistir as escolares á Carreira Popular do San Martiño.

Ás 10:30 o Promesas “A” recibía ao Juventud de Cambados mentres o Promesas “B” se enfrentaba ao Sporting Clube San Mateo.

EFF Rosalía Promesas “A”

EFF Rosalía Promesas “A”-Juventud de Cambados
As xogadoras de Juanma Bello seguen ao seu na categoría, vence e convence, fai bo xogo cun equipo sólido sin balón. Como dato a destacar que tan só recibiu un gol en toda a competición, no derradeiro minuto do partido contra o Mosteiro que lles costou ceder dous puntos. A próxima semana teñen unha dura proba visitando ao Atlético Arousana “B”, un partido duro contra un moi bo rival que seguro mete en apuros ás nosas promesas máis veteráns.

EFF Rosalía Promesas “B”

EFF Rosalía Promesas “B”-Sporting Club San Mateo
A emoción da mañá estaba no outro campo, nel as nosas pequenas do “B” facían un partido moi serio fronte un duro rival como é o Sporting Clube San Mateo. Disputándolle en todo momento o partido e cedendo nos intres finais despois dun verdadeiro derroche de esforzo como así nos indicou unha das súas adestradoras, María Feijoó, ao final do partido: “Foi un partido moi igualado no que as pequenas sairon concentradas e con gañas de demostrar o duro traballo que estamos realizando. Na primeira parte perdoamos un par de ocasións claras onde quizá cun gol puidese haber cambiado o sino do partido. Destacar a defensa que estivo moi sólida e con confianza en si mesmas onde incluso cortaron contrataques por parte das rivais. Na segunda parte empezaron a baixar o nivel debido o gran esforzo que puxeron na primeira metade e o equipo rival aproveitou os únicos erros defensivos para facer os tantos do partido. Foi un encontro onde merecimos máis e as pequenas puideron demostrar a experiencia que están a conseguir, víronse os froitos dos entrenos e estamos seguras tanto Cae coma min que se seguen nestá dinámica pronto chegará a primeira victoria do equipo inda que máis orgullosas nos sentimos por como están evolucionando futbolisticamente”.

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content