Quinta vitoria seguida do líder da liga

As pontinas levan a vitoria á Unión Guardesa e suman a quinta vitoria da tempada no campionato.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía plantouse ante unha Guardesa sólido en defensa nun partido dominado polas azuis en todo momento (0-4). As nosas non ceden e continúan líderes, agora en solitario, tras ter xornada de descanso Lóstrego ‘B’. A pesar da resistencia do rival e a boa actuación do equipo pontevedrés, as locais puideron aproveitar as ocasións para imporse no marcador. Con esta vitoria, o equipo azul continúa invicto no campionato, sumando todos os puntos posibles, con 35 goles a favor e un en contra.

As de Pere Tobaruela saltaron ao céspede decididas a buscar o quinto triunfo ligueiro da tempada. Nos primeiros minutos, a EFF Rosalía deixou clara o seu gallo de atacar a portería guardesa. Desde o inicio viuse a un Rosalía dominador. Feijóo foi a primeira en tentalo cun disparo que detivo Alba no 5′. A resposta visitante saíu das botas de Nuria, á que respondeu Rocío cunha boa intervención. Transcorrían os minutos e a posesión dos locais non frutificaba en claras oportunidades de gol. Xogada combinativa entre Noui e Zaira, o remate de cabeza da dianteira salgue moi preto do poste. Guardesa tentouno ao contragolpe e Sara puxo en aprietos a Rocío, a gardameta sacou reflexos para despexar o balón nunha saída moi afastada da portería. A seguinte aos 26 minutos, un aviso de Feijóo do que faría minutos despois. A defensa reconvertida a medio centro intérnase desde a dereita na área e o seu tiro sae fora por moi pouco. Oito minutos despois adiantáronse as azuis. Internada de Noui desde o sector esquerdo, Aldarita cede a Feijóo e o seu remate coa zurda termina ao fondo da rede (1-0; min. 34′). A Unión Guardesa apenas creaba perigo na portería de Rocío e o gol estimulou aínda máis ao líder do Grupo V, que aumentou a vantaxe antes de que chegase o descanso. A cinco minutos do asubío, nova internada de Noui desde a esquerda, o seu centro acaba aos pés de Bonjoch á altura do punto de penalti. Alí definiu cun sutil derechazo ao costado dereito da portería defendida por Alba.

Noa xogou os primeiros minutos trala lesión.

O guión non cambiou tras a continuación. Tobaruela deu entrada a Valeria e Vicky por Rocío e Chao. O Guardesa seguía encerrado atrás e cedía o dominio ao noso equipo, que buscaba sentenciar. Seguíaos tentado cun bo xogo combativo e centros desde os laterais. O de Aldarita no 49′ a Noui, atopou os puños da gardameta visitante, pero Zaira aos 67′ se acertou onde non chegaba Alba. A dianteira recibe de costas na frontal, vírase e cun gran zurdazo colócaa pegada á base do pau adiantando ás azuis novamente.

Espectacular gol de Ester
Aos 68′ Ester entrou ao campo por Noui e fíxose protagonista nas ocasións máis claras do equipo. Cando levaba tres minutos no céspede o seu chute non atopa portería pero o merecido premio chegou no 82′. Espectacular xogada da centrocampista en banda esquerda, marchouse de duas rivais e desde a frontal definiu coa súa perna dereita na escuadra da portería defendida por Alba. Cuarto gol da ourensá, que non vía porta desde a primeira xornada.

O próximo compromiso na competición será a próxima fin de semana fronte a Lóstrego ‘B’ antes da xornada de descanso dentro de 15 días.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content