O noso equipo afronta en casa a oitava xornada de Liga (12:00 h; Municipal de Oira).
Mañá o Municipal de Oira recibirá ao colíder da Liga. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía medirase ao Gondomar (12:00 h; domingo) na oitava xornada de Liga co propósito de sumar tres novos puntos e defender a primeira posición que comparte coa UD Mos ‘B’. Sería a sexta vitoria do noso equipo no campionato, onde, ademais, continúa invicto en casa.
As de Saa veñen de pechar un gran mes na Liga, con 3 vitorias de 4 posibles e 13 goles marcados. Coa visita do Gondomar termina a competición oficial este ano, xa que agora chega un parón de catro semanas motivado pola xornada de descanso da próxima xornada e as vacacións polas festas navideñas.
“Non podemos amoldarnos ao ritmo das rivais, temos que dominar co xogo e que os partidos discorran por onde nós queiramos”, dixo Saa na roda de prensa previa ao partido. Na última visita do Gondomar, Yadira conseguiu un dobrete e marcaron Patricia e Zaira, ambas están na convocatoria que deu o técnico catalán para este encontro, na que son baixa segura Isis, Fara e Paula e destaca novidade de Candela Bouzas.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA SENIOR
Portera: Rocío.
Defensas: Aldara Sequeiros, Bea, Paqui, Sabela y Noa Domínguez.
Centrocampistas: María, Aida, Ainara, Noa Fírvida, Patricia, Aldarita, Lidia y Candela Bouzas.
Dianteiras: Ana Seguín y Zaira.
Gondomar
O conxunto pontevedrés comeza a xornada na oitava posición, con catro puntos e un balance dunha vitoria, un empate e catro derrotas. Adriana Villanueva é a súa referencia ofensiva, e xa marcou catro goles esta tempada.
O duelo estará dirixido pola colexiado Pablo Iglesias Cardoso e disputarase no Municipal de Oira.