Rocío Suárez convocada pola selección galega sub-15

A nosa porteira do equipo senior, ainda en idade infantil, forma parte da convocatoria da selección galega feminina sub-15 que o próximo mércores día 23 de outubro terá unha concentración de adestramento no Campo Municipal Campaña de Valga (Pontecesures).

Rocío Suárez ten a honra de ser a segunda xogadora en ser convocada pola selección galega, despois da convocatoria a tempada pasada de Candela Bouzas pola selección sub-12.

O adestramento dirixido por Susú Cores dará comezo ás 17:30h no devandito campo de adestramento.

Ben seguro que a nosa Rocío deixará un bo sabor de boca ao staff técnico da Federación Galega de Fútbol.

Moito ánimo Rocío!!

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content