Rolda de prensa Ivan Canal previa 2ª xor. San Mateo vs EFF Rosalía

“Imos ao partido coa mesma ilusión, a ver se podemos conseguir un punto ou tres”, añadiu o técnico.

Iván Canal compareceu ante a prensa antes de dirixir o derradeiro adestramento previo ao partido fronte o Sporting San Mateo, que terá lugar no Cruceiro de Ponteareas (domingo, 16:00h): “Afrontamos o partido coa mesma ilusión que o partido anterior fronte o Pereiró, sabendo que vai a ser moito máis complicado que o primeiro partido en casa porque xogamos fora”.

“Sabemos que o campo do San Mateo é de herba natural e eso nos vai a costar moito máis. O balón, eu pensó, se regan o campo vainos perxudicar porque un fútbol máis rápido a nós perxudícanos. O campo de herba natural soe ser un pouco máis rápido circular o balón que o campo de herba artificial, o bote tampouco é o mesmo e as rapazas veñen de adestrar un mes en herba artificial e xogar nun campo de esas características vai supor que se van a cargar as pernas, vai a costar moito máis e entón, a ver, nolo planteamos como se non conseguíramos ningún punto no anterior partido e sen mirar atrás o que fixemos no anterior, témolo que afrontar como se levásemos cero puntos na liga e intentar loitar por estes tres puntos a ver se os podemos sacar adiante”.

San Mateo máis motivado despois da derrota inicial.

“Si o San Mateo perdeu contra o Gondomar, que o ano pasado paréceme que rematou con 14 puntos, era un dos equipos que estaba na parte baixa da taboa e foi unha sorpresa. Tamén, paréceme que o Gondomar adestraron moitas veces na Praia ao non ter campo onde adestrar e deu a sorpresa no primaeiro encontró. Eles chegan con cero puntos, nós levamos un e van a sair a xogar na casa con todas as da lei e vainos a ser bastante complicado. O ano pasado o San Mateo quedou terceiro e é un equipo que poucos partidos vai a perder e na casa ianda menos”.

Horario non habitual.

“O horario tamén non é un bo horario porque vai a facer sol ainda que nós estamos acostumadas, vai a facer calor seguramente e se se cumple a previsión de tormentas ainda peor polo que dixen antes, se o campo vai a estar mollado, o balón vai a circular rápido e a nós esas condicións dificultanos cara xogar ao fútbol. É unha hora compricada, as nenas Terán que comer cedo, viaxe en bus unha hora… todo o que sexan “problemillas” sempre nos van a perxudicar”.

Preparación do partido.

“Eu pensó que o equipo chega bastante ben. Yadira non puido xogar o primeiro encontró, Sabela tampouco porque estaban de vacacións. Andrea estaba lesionada e son tres baixas no primeiro encontró que nos supoxeron non ter a disposición do equipo máis recursos. 

Con estas xogadoras a nosa disposición, con Sabela, con Yadira temos máis posibilidades de xogar polas bandas, é decir, outros recursos. Sabela é unha rapaza que loita todos os balóns o que fai que poda xogar tamén de mediocentro defensivo se temos a posibilidade de que a sustituan en banda. En definitiva, con elas temos  outros recursos que non tiñamos no primeiro partido o que fai que sexa un hándicap importante contar con elas tres”.

Lesión de Andrea.

“Andrea tivo unha rotura de fibras no cuádriceps, agora adestrou ben o martes, está perfectamente para xogar o domingo e seguramente saia de titular, encántame o papel que desempeña Andrea, pode xogar ademáis en varias posición, de lateral e central faino moi ben o que fixo que fose unha baixa importante na primeira xornada e agora contando con ela vainos a dar outro revulsivo en defensa”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content