“Vai a ser un partido complicado tamén porque ningún equipo regala nada”, añadiu.
Iván Canal compareceu ante os medios tras o adestramento deste venres en rolda de prensa previa ao partido fronte ó Juventud de Cambados (domingo, 18:00h, O Pombal Pequeno).
O técnico analizou o estado anímico das suas xogadoras despois da primeira derrota da tempada: “O outro día perdimos o partido loitando pero non creo que afecte as rapazas. Sabíamos que era un partido complicado contra un rival que vai a estar arriba e como xa dixen vai a perder un partido ou incluso creo que non vai a perder ningún. Sabíamos o complicado que era a victoria na casa contra o Chispa pero as rapazas, anímicamente, as vexo ben, fortes, adestraron ben, non creo que afecte o máis mínimo”.
Rival descoñecido
“Enfrontámonos a elas na sua casa o domingo, vai a ser un partido complicado tamén porque ningún equipo regala nada. Temos que ir ós campos a loitar, como estamos facendo ata agora, xa que ningún equipo vainos a regalar nada. Levan un punto, perderon dous partidos, é un equipo novo que este ano está saindo con máis rapazas e a ver cómo afrontan as derrotas anímicamente elas tamén porque, como dixen, levan duas derrotas. Non vai a ser un partido fácil, temos que seguir na mesma liña de traballo, temos que enchufar ás rapazas e afronten o partido como se fose o Chispa ou un equipo que vaia a estar arriba”.
Lesións na liña defensiva
“Parece que non estamos tendo sorte en canto as lesións en defensa porque, entre lesións e baixas por motivos laboráis, non podemos contar con todas as xogadoras dispoñibles. Por exemplo, Cae, o domingo non vai a poder estar porque ten que traballar, o pasado domingo tampouco pudo estar a segunda parte e é unha rapaza que me gusta moito, da consistencia defensiva, fai axudas e non comete case erros en defensa, é unha xogadora moi importante. Feijóo, nova este ano, tamén é unha xogadora importante, con experiencia en primeira, non vai a poder estar porque, o parte médico decía que tiña un problema no ligamento lateral externo do nocello e ao mellor vai a estar unos 20 días de baixa e haber como solucionamos ese problema. Imos ter que meter a outra xogadora ahí, que seguramente o vai a facer ben”.
Equipo mostrase competitivo
“Os tres primeiros partidos, como xa dixen, a min gústanme as pretempadas longas para que empezen fortes os equipos.
Nos que estou sempre empezamos forte, eso non quere decir que se perdan partidos ou que se gañen, pero sempre empezamos forte, encarando os partidos con intensidade e así o fixemos nestes tres primeiros partidos”.
Competimos no anterior partido
“Creo que no derradeiro partido, perdemos pero traballamos moitísimo, as rapazas o deron todo, podo recriminarlles nada porque o diron todo no campo, esforzáronse, con intensidade. A pesar de ir perdendo nos primeiros 45 minutos seguimos traballando, loitando ata o final. Remataron cansadas, agotadas mentalmente e físicamente porque o diron todo. Non se lles pode recriminar nada porque a actitudo que deron e que están mostrando é impresionante. Así imos a seguir nos seguintes partidos, sexa o partido que sexa imos a enfrontalos con gañas, con ilusión e con traballo, esforzándose ao máximo”.