Rolda de prensa previa xor.5 – EFF Rosalía vs CD Bueu

Iván Canal compareceu en sala de prensa antes de dirixir o derradeiro adestramento previo ao encontró fronte o Club Deportivo Bueu (sábado, 19:00h, Monte da Aira). O adestrador analizou a visita do conxunto da comarca de O Morazo: “Afrontamos o partido do sábado coas mesmas gañas de sempre, intentar gañar ao Bueu. É un equipo que vai a estar arriba, o ano pasado quedaron entre os cinco primeiros, levan dous partidos gañados e están por riba nosa a un punto”. 

“Imos a intentar gañar o partido porque temos que ser fortes na casa intentando conseguir sempre os tres puntos e que non se nos escapen puntos como locais. Así imos a plantear o partido do sábado. Ademáis xa poderemos contar con Cae e Isis, xogadoras que causaron baixa a semana pasada e a sua presenza vai suponer ter unha tranquilidade a nivel defensivo que non tivemos en Cambados”.

Comenzos por detrás no marcador

“Non sabemos moi ben de qué pode ser. Non sei se pode ser porque estamos nerviosas nos primeiros minutos ou estamos despistadas. Nos primeiros partidos fora cóstanos moitísimo, tamén porque son campos distintos. No primeiro en San Mateo o terreo era de herba natural, a semana pasada tivemos inclemencias metereolóxicas, chovía, facía aire, pensamos que eso puido influir algo pero tampouco o sabemos ao 100% ou o que realmente nos pasa é que xogamos peor fora da casa”.

Partido clave

“O partido do sábado creo é o partido máis compricado do próximo mes. Dos catro partidos que imos a ter este mes creo que o Bueu vai a ser o máis compricado. Temos que sair concentradas, a ver se podemos gañar na casa e conseguir os tres puntos. Unha victoria sería un golpe na mesa porque creo que si gañamos a este equipo poderemos estar na táboa arriba”.

Cambio do horario habitual

“O cambio de hora con respecto ao sábado as sete da tarde creo que non vai a influir. A nós non creo pero a elas ao mellor, non sei, porque teñen que desprazarse en bus, é unha hora un pouco tarde porque logo teñen que viaxar tamén, entón pola nosa parte non creo que vaia a influir moito, xa adestramos polas mañás moitas veces, non xogamos pola tarde pero eu creo que para nós non nos vai a influir.

Temos a favor o campo, temos a favor as xogadoras que se están recuperando sobre todo en defensa e esperamos conseguir a victoria”.

Lesionadas

“Feijóo ten un esguince no nocello, ten os ligamentos tocados e haber se só se queda nun susto e en quince ou vinte días xa está co grupo. Isis tivo febre alta e xa está recuperada con que recuperamos a duas xogadoras moi importantes a nivel defensivo, que teñen moita experiencia no fútbol once e eso nos vai a dar un plus de confianza para xogar o sábado o que vai a facer que seguro estaremos moito mellor en defensa”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content