Rosalía-Antas: unha final polo playoff en Oira

O equipo de Alberto Tamayo recibe mañá domingo ao Antas en horario unificado, coa segunda praza en xogo e o billete para o playoff de ascenso no horizonte (12.00 h; Youtube).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta mañá o último partido da tempada regular na Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP. O conxunto pontino recibe á SD Antas no campo municipal de Oira, en horario unificado, a partir do 12.00 h. O encontro poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube da EFF Rosalía.

O partido chega con todo por decidir na zona alta. Noso sénior ocupa a segunda posición con 66 puntos, xusto por diante de Antas, terceira con 65, e do San Pedro, cuarto con 64. A segunda e terceira praza dan acceso ao playoff de ascenso, polo que o duelo de Oira terá un valor decisivo na pelexa final da tempada.

O equipo de Alberto Tamayo chega a esta última xornada despois dunha tempada moi sólida, con 68 goles a favor e só 22 en contra. En Oira, Rosalía construíu boa parte das súas opcións, con 11 vitorias, 2 empates e só 1 derrota como local. No partido da primeira volta, disputado en Castro Seoane, Antas impúxose por 3-1. Mihret asinou o gol pontino no minuto 49, mentres que Jenny García, Dana e Yanire marcaron para o equipo local.

“Chegamos a este partido con moito ilusión e coa responsabilidade de saber o que nos xogamos”, Alberto Tamayo.

O técnico das ‘azuis’ destacou tamén a importancia do apoio da afección: “Oira ten que empuxarnos. As xogadoras fixeron unha tempada enorme e agora necesitamos que o campo estea con elas desde o primeiro minuto. É unha final, pero tamén é unha oportunidade preciosa para gozar do que construímos”. “Traballamos todo o ano para vivir un día como este en a nosa casa, coa nosa xente, e queremos competilo con personalidade”, asegurou na previa.

CONVOCATORIA

Un rival directo
A SD Antas chega a Ponte Canedo como terceira clasificada, con 65 puntos, 89 goles a favor e 33 en contra. O conxunto lucense conta ademais con varias futbolistas entre as máximas goleadoras da competición, como Nuria Louzao, segunda na táboa con 26 tantos, Jenny García con 14, Dana con 12 e Yanire con 10.

Vídeo: Enlace partido directo.

Check Also

1-0: Rosalía xogará o playoff de ascenso a Terceira Federación

O equipo pontino superou ao Antas en Oira cun gol de Candela no minuto 73′ …

Ir o contido