O noso equipo, terceiro e con pólvora afinada, busca tres puntos para soster a súa inercia gañadora ante un Carral necesitado (12:30h; tiivii.gal)
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía volve a casa cun obxectivo claro: converter o Municipal de Oira nun acelerador cara á cima da 1ª División Galega Arzúa–Ulloa DOP. As de Alberto Tamayo encaran a xornada cunha dinámica sólida (21 goles a favor e só 6 en contra) fronte a unha UD Carral que chega con urxencias clasificatorias e unha serie recente de resultados adversos. Datos que subliñan un duelo con favoritismo local… e trampa: a marxe nesta liga escríbese en detalles.
O libreto di Rosalía; o guion, concentración. Se as pontinas activan a súa presión e afinan a área, terán medio camiño feito. Se Carral atopa unha mañá limpa en área propia e transicións claras, o partido pódese estreitar.
“A clasificación non gana partidos”, resaltou Tamayo.
“Máis aló da táboa, necesitamos constancia. O obxectivo é sumar, mellorar e que Oira sinta que o equipo non negocia o esforzo”, indicou Alberto Tamayo á nosa web na previa ao partido contra o Carral. O noso adestrador convocou a 16 futbolistas. Falta Sara, operada esta semana e repiten as mesmas que a semana pasada-
Carral
O conxunto visitante chega coa urxencia de escapar da zona baixa (14.º, 4 puntos) e un tramo recente complicado con catro derrotas e un empate nos seus últimos cinco compromisos. A súa ameaza principal é Sabela Pousada (2 goles), ben acompañada por achegas de Lucía Muñiz e Claudia Carro (1). O seu libreto probable: bloque medio-baixo, axudas en área propia e verticalidade tras roubo para atacar as costas.
Datos de interese:
🆚 EFF Rosalía vs UD Carral
🗓️ Domingo 09/11 | 12:30h
🏟️ Municipal de Oira
📺 tiivii.gal
👮🏻♀️Pintos Fernández, Xoel

