Rosalía-Crendes: partido ante o líder no Municipal de O Seixo

As de Castro reciben ao equipo que se colocou líder trala derrota das nosas na 4ª xornada da 2ª fase (16:00h, Municipal de O Seixo).

Importante encontro o que se vivirá mañá no Municipal de O Seixo. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil recibe ao actual líder na 4ª xornada da Fase Título consolación ao Xuventude de Crendes, un rival directo nas primeiras posicións da clasificación (16:00 h). O conxunto dirixido por Diego Castro buscará volver gañar e sumar tres puntos vitais para alcanzar os postos de cabeza no Grupo.

O noso equipo quere unha vitoria ante un duro rival para chegar con confianza ao seguinte partido, que se xogará tamén en casa. Mañá as pontinas enfrontaranse a un equipo que marcha primeiro e que logrou dous triunfos e un empate nos tres compromisos da 2ª Fase. En O Seixo enfrontaranse os dous equipos mais realizadores, co cal a defensa será un dos factores importantes para sacar un resultado positivo. Esta é a convocatoria para mañá:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Miriam, Aitana, Ainara, Noa Sanz e Aline.
Centrocampistas: Nair, Xiana Carballo, Alma, Sara e Lucía Torres.
Dianteiras: Victoria, Candela Sanmiguel, Antía, Candela Losada e Zaira.

Rival
Xuventude de Crendes encabeza a táboa con 7 puntos e un balance de 2 vitorias e un empate, resultado do seu último partido fronte a Atlético Arousana a xornada pasada. As súas xogadoras máis perigosas son Lucía González e Lucía Freire con 4 goles nos dous partidos disputados.

 O partido estará dirixido polo colexiado Alex Martín Rodríguez do comité ourensano.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content