Rosalía-Peñasco: dura prueba no municipal de Oira

O noso equipo xógase o primeiro posto ante un Peñasco que comeza a xornada en terceira posición posición á descansar a semana pasada (12:00 h; Municipal de Oira).

Co bo sabor de boca de gañar os dous último partidos, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía volve a casa para intentar acabar a semana en primeira posición. O noso equipo enfrontarase no Municipal de Oira ao Peñasco (12:00 h; domingo), que asinou un gran inicio de campionato e ao comezar a xornada é o terceiro clasificado.

A esixente visita do Peñasco será o primeiro dos tres partidos que teñen por diante as de Saa antes do parón da xornada de descanso, nos que o equipo visitará en Chaín ao Lóstrego ‘B’ e recibirá ao Gondomar FB. En bo momento de forma chega Ana Seguín, que marcou nos seus últimos tres partidos.

“Queremos gañar, pero máis importante é gañar facendo ben o que lle pedimos”, dixo Saa na roda de prensa previa ao encontro. Para afrontar con garantías a sexta xornada de Liga, o técnico citou a 16 futbolistas na convocatoria.

CONVOCATORIA
Porteira: Rocío
Defensas: Bea, Noa Domínguez, Isis, Laura Añón, Sabela e Paqui.
Centrocampistas: Noa Fírvida, Aldarita, Ainara, Patricia, Lidia e Aida.
Dianteiras: Zaira, Noui e Ana.

Peñasco
O conxunto de Vigo estase mostrando como un bloque moi sólido que aínda non coñece a derrota. No aspecto ofensivo destaca Tamara Custodio, que marcou 10 goles dos 16 tantos que leva o Peñasco e que lle fan ser o segundo equipo máis goleador da Liga, por detrás da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que leva 19. Con estes números, o partido promete ser esixente e con goles.

Check Also

7-0: Vitoria contra o Gondomar

Os goles de Candela Bouzas, Zaira, Lidia e Ana Seguín dan os tres puntos á …

Skip to content

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar