Rosalía-Pontecaldelas: A pola cuarta victoria consecutiva no Monte da Aira

As azuis afrontan no Monte da Aira a vixésimo primeira xornada de Liga (domingo, 12:00h).

Co obxectivo de romper a xeira irregular dos derradeiros partidos, tres vitorias e catro derrotas nos últimos sete, aínda que todas esas vitorias foron no Monte da Aira, a EFF Rosalía recibe mañá a SCD Pontecaldelas (12:00 h, Monte da Aira) para disputar a vixésimo primeira xornada do campionato. Para as azuis lograr un triunfo é clave para seguir loitando con Umia “B” e Gondomar polo quinto posto. “Voulle plantexar as rapazas a ver se podemos gañar tres partidos seguidos, este, o seguinte e contra o Vilariño, conseguir 12 puntos e chegar preto dos 40 e volvernos enganchar cos de arriba e na recta final”, sinalou o técnico na rolda de prensa previa.

Vinte días despois da derradeira xornada, as pupilas de Iván Canal, que se están mostrando fortes na casa tras impoñerse a Marín, San Mateo e Juventud de Cambados, reciben a un Pontecaldelas que conta todos os seus partidos por derrota. O técnico terá que facer novamente encaixe de bolillos ao contar soamente con tres defensas dispoñibles e baixas no centro, polo que chamou a 16 xogadoras, entre as que se atopan duas do equipo infantil.

Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Judith e Aldara Sequeiros.
Centrocampistas: Lucía Vázquez, Aldarita, Alba, Yadira, Marta, Saray e Patricia.
Dianteiras: Silvia, Noui, Zaira e Isabel

A SCD Pontecandelas
O Pontecaldelas ocupa a décimo quinta posición na táboa e non logrou ningún triunfo no que vai de competición. O equipo de Alejandro Torres tampouco estivo moi acertado cara a portería rival, anotando dous tantos en 18 partidos.

Precedentes
Cuarta ocasión que se enfrontan a EFF Rosalía e Pontecaldelas, cun balance de unha vitoria para cada equipo e un empate. As pontecaldelás teñen este ano unha traxectoria moi diferente da tempada pasada. Na 2018/19 empataron 1-1 no Chan da Barcia e gañaron por 1-5 no Monte da Aira, mentres que no último precedente caeron derrotadas por 0-8 na primeira volta.

Resto da xornada
Moitos partidos, a priori, desnivelados esta xornada pero entre os que podería haber unha sorpresa incluiríamos o Noalla-Umia “B”, ao visitar as de Barrantes un campo no que a vitoria se antolla complicada, xa que as locais teñen un balance de 5-1-2 na Lanzada.
Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 Gondomar FB – CD Mosteiro
12:00 EFF Rosalía– SCD Pontecaldelas
12:15 SD Noalla – Umia CF “B”
16:30 SPC San Mateo – Juventud Cambados
18:15 Balaidos CF – Racing de Vilariño
18:20 Marin CF – SD Chispa
18:30 EDVM Pereiró – CD Bueu
Descansa SD Puentearnelas

Check Also

Cuarta vitoria consecutiva (2-0)

A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos …

Ir o contido