Rosalía-San Mateo: a manter o refacho no Municipal de Oira

O conxunto de Quique e Castro, que segue invicto esta tempada, recibe ao San Mateo na sétima xornada de Liga (10:30 h, domingo).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil recibe ao Sp.C. San Mateo no Municipal de Oira no duelo correspondente á sétima xornada de Liga (10:30h, domingo). Tras a cita en Arcade do pasado domingo, leste será o terceiro partido que as pontinas disputan en casa, onde gañaron a Lóstrego e empatado con Mos nos dous encontros disputados de Liga ata a data.

O conxunto dirixido por Quique Álvarez e Diego Castro chega a este encontro despois de reencontrarse coa vitoria na xornada anterior. No campionato, o equipo está situado no alto da táboa xunto a Mos con catro triunfos e un empate.

Esta é a convocatoria azul para o partido, na que son baila por diferentes motivos Victoria, Virginia e Alba:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla
Defensas: Candela, Esmeralda, Lea, Ainara e Aline.
Centrocampistas: Miriam, Sara, Ainhoa, Andrea, Sabela e Lucía Carral
Dianteiras: Sofía, África, Xiana, Águeda

Sporting Club San Mateo comezou a xornada en quinta posición e presenta un balance dunha vitoria, un empate (ambos nos seus dous primeiros partidos) e tres derrotas.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content