Rosalía-San Pedro: duelo de altura en Oira

As de Alberto Tamayo reciben mañá domingo ao cuarto clasificado nunha partido clave da xornada 26 da Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP (12.30 h; tiivii.gal).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta mañá domingo unha das grandes citas da tempada. O equipo pontino recibe ao Atlético San Pedro no Campo Municipal de Oira, no encontro correspondente á xornada 26 da Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP. O partido dará comezo ás 12.30 horas e poderá seguirse en directo a través de tiivii.gal.

O noso sénior chega ao duelo na segunda posición da clasificación, con 59 puntos tras 25 xornadas, un balance de 18 vitorias, 5 empates e só 2 derrotas. O conxunto de Tamayo mantén ademais unha das mellores cifras defensivas da categoría, con 19 goles encaixados, e vén de gañar no campo do Orzán ‘B’ por 0-3. O precedente da primeira volta sorrí ás ‘azuis’. No partido disputado en Iñás, o equipo pontino venceu 1-2 ao San Pedro grazas a un dobrete de Noui, que marcou nos minutos 8 e 44. Joana Montouto recortou distancias para o conxunto local no inicio da segunda metade.

“Cada xornada pesa e temos que competila como unha final”, Alberto Tamayo.

“Espéranos un partido de máxima esixencia. San Pedro é un rival moi competitivo, con moito capacidade ofensiva e xogadoras determinantes nos últimos metros. Teremos que estar moi concentradas, ser valentes con balón e manter a nosa identidade durante os noventa minutos”, sinalou Alberto Tamayo na previa do encontro.

CONVOCATORIA

Atlético San Pedro
O conxunto de Virginia Del Río chega a Oira como cuarto clasificado, con 52 puntos, 16 vitorias, 4 empates e 5 derrotas. É un dos equipos máis goleadores da competición, con 73 tantos a favor, e vén de impoñerse ao Burgo por 8-2 na última xornada. Entre as súas principais ameazas ofensivas destacan Joana Montouto, autora de 17 goles, e Miranda Suárez Naya, con 15.

Check Also

3-2: Remontada épica ante o Lóstrego B en Oira

Añón asina no 90+2′ o 3-2 ante o Lóstrego B tras un partido de dominio …

Ir o contido