As azuis afrontan en Oira as semifinais ante o equipo coruñés (12:00h, Youtube EFF Rosalía).
Chegan as semifinais da fase de ascenso a 1.ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP e a Escola de Fútbol Feminina Rosalía atópase entre os 16 equipos que teñen opcións de facerse cunha das catro prazas de ascenso. As azuis disputarán no Municipal de Oira esta eliminatoria a partido único contra a SD Silva (12:00h, Youtube RosalíaTv), para dar o último paso que lles sitúe na final do 4 e 11 de xuño. O rival nese encontro sairía da eliminatoria entre Calo e Domaio.
O persoal pontina, con Tobaruela á fronte, callou unhas actuacións impresionantes nos seus partidos en casa. O equipo logrou 12 vitorias e un empate (57 goles a favor por dous en contra) nos trece encontros oficiais disputados esta campaña. Vicky, Zaira son as futbolistas que marcaron no Municipal de Oira, pero a forza do Rosalía reside en todas as futbolistas, aínda que este domingo soamente poidan estar estas 16 na convocatoria:
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Valeria.
Defensas: Noa, Sabela, Lú, Miriam, Laura e Feijóo.
Centrocampistas: Candela, Aldarita, Bonjoch, Ester e Aroa.
Dianteiras: Zaira, Noui e Vicky.
Tobaruela non poderá contar para mañá con Yadira e Sampayo por lesión, pero volta Valeria e apostará pola infantil Miriam para completar a lista.
Silva
Para o conxunto coruñés non foi fácil chegar ás semifinais. Na fase de grupos quedou cuarto do Grupo I por detrás San Pedro, Orzán ‘B’ e Unión Campestre e no playoff impúxose ao Puentearnelas na quenda de penaltis. A dianteira Ariadna González é a súa principal ameaza ofensiva, vén de sumar 21 goles nos 25 partidos de tempada regular.