Rosalía-Umia: O filial busca a novena vitoria na Liga infantil

As azuis, que sumaron 6 puntos dos últimos 9, tentarán prolongar a súa serie na casa (12:00 h, sábado, Monte da Aira).

A EFF Rosalía Infantil recibe ao Umia CF en bo momento a pesar da derrota da semana pasada fronte o líder. As azuis disputan a 13ª xornada do campionato coa intención de prolongar a súa serie de dous partidos seguidos invictos na casa e sumar tres importantes puntos para achegarse ao terceiro clasificado, Orzán SD (12:00 h, Monte da Aira). Enfronte estará o conxunto do Salnés que arrancou a xornada no oitavo posto e buscará un triunfo que lle permita escalar posición na clasificación.

O filial está a facer un bo comezo da segunda volta do campionato. Proba de elo son os 6 puntos conseguidos nas últimas tres xornadas (2 vitorias e unha derrota). Once tamén son os tantos que marcou o conxunto azul nesa serie de encontros, terceiro máximo realizador nesta serie.

Alba sinala que o obxetivo segue sendo “mellorar e aprender en cada partido e iso é o principal de cada fin de semana, seguir progresando, mellorando e gozando do fútbol”. Para este partido chama a 16 xogadoras.

Convocatoria
Porteira:  Valeria.
Defensas: Silvia, Marta Montes e Laura Añón.
Centrocampistas: Cuquejo, Daniela, Ester, Cloe, Candela Bouzas, Lidia, Nair e Sheila.
Dianteiras: Claudia Pérez, Sara, Claudia Castro e Nerea.


Umia CF 

As ribadumienses afrontan o encontro cun balance de 2 vitorias (unha na casa e outra fora), 2 empates e 7 derrotas. Na última xornada, o Umia viu como se suspendía o seu partido co Mos pero na anterior gañaba a domicilio ao San Mateo. Respecto ao precedente da primeira volta, celebrado na Bouza, a EFF Rosalía solventou un partido que terminou en 0-6  grazas aos goles de Candela Bouzas, Lidia, Cuquejo, Nerea, Cloe e Nair.

Dous partidos na fin de semana
Por outra parte, esta fin de semana non será como os demais, xa que as xogadoras do infantil terán dobre cita. O domingo a partir dás 10:00 h no Miguel Angel do Pavillón dos Remedios participarán no “Primeiro partido benéfico do Día da muller”. Un partido amigable fronte a mulleres de todos os ámbitos da cidade e provincia (poderemos ver a políticas como a concelleira de igualdade Eugenia Díaz, a deputada provincial Montse Lama, as concelleiras Natalia González e Ana Mª Fdez. Morenza, a árbitra internacional Zulema González, a periodista Lorena Rodríguez, etc) a favor da Asociación Pequenos Superheroes, unha cita a que non podía faltar a EFF Rosalía, neste caso representada polo equipo infantil.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content