Rosalía-Valladares: volver á senda do triunfo no Municipal de Oira

O noso equipo afronta a cuarta xornada de Liga no seu campo logo da primeira derrota da tempada (12:00 h, domingo).

O conxunto vigués é o primeiro rival que visita o Municipal de Oira trala primeira derrota da tempada. Logo de tres partidos de Liga a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía comeza esta xornada como cuarta da clasificación empatada a puntos con outros 3 equipos. Pero as de Saa destacan polos 11 goles que fixeron nos encontros fronte ao San Mateo, o Vilariño e o Mos ‘B’. As azuis disputarán o seu segundo partido no Municipal de Oira, onde sumou unha vitoria (Vilariño).

“Trataremos de volver á senda da vitoria, aínda que o noso obxectivo é recuperar sensacións a nivel xogo”, dixo Saa na roda de prensa previa ao encontro. O técnico recupera a Paula respecto ao último partido de Liga. O árbitro encargado de dirixir o encontro será Avelino García Vázquez, do colexio técnico de árbitros de Ourense.

O rival
O Valladares sairá disposto a lograr a súa segunda vitoria da tempada. Na súa última visita no Monte da Aira, na 2018-19, as viguesas, co seu filial naquel momento, caeron derrotadas por 3-0. O equipo de Javier Riera sumou ata agora tres puntos, colleitados a domicilio fronte a Gondomar Fútbol Base.

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content