O noso equipo afronta mañá domingo un duelo esixente na 17.ª xornada (12:30h, tiivii.gal).
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía recibe mañá domingo 8, ao 12.30 h, ao Vitoria FC ‘B’ no Campo Municipal de Oira, nunha partido clave para recuperar sensacións tras un inicio de segunda volta sen premio. O encontro poderá seguirse en directo en tiivii.gal.
O conxunto pontino chega a esta cita cunha realidade marcada polo contraste, pechou a primeira volta invicto, pero non conseguiu puntuar na segunda. En fronte estará un rival da zona alta, esixente e con potencial ofensivo, nun duelo que nos sénior afronta como unha oportunidade para reencontrarse coa súa mellor versión en casa.
“O obxectivo agora é simple, volver competir como equipo, corrixir detalles e empezar a sumar desde xa”, Alberto Tamayo
O conxunto de Alberto Tamayo afronta a xornada coa necesidade de romper a dinámica da segunda volta e apoiarse no que lle fixo forte durante meses: solidez colectiva, compromiso defensivo e eficacia en momentos clave. “Fixemos unha primeira volta moi sólida e invictas, pero a segunda non empezou como queriamos, explico o noso técnico na previa. Ademais, o técnico recupera un reforzo importante, Bouzas volve estar dispoñible tras cumprir o seu partido de sanción, un regreso á lista de 16 que suma alternativas nun tramo de tempada no que cada detalle pode decantar partidos.
O rival
O Vitoria FC ‘B’ chega a Oira instalado na zona alta e con números que o converten nun rival de máxima esixencia. É un equipo con capacidade para dominar fases, acelerar cando atopa espazos e castigar en áreas. O precedente da primeira volta demostra que será un partido pechado e Rosalía xa foi capaz de competirlle e sacar adiante un duelo de poucos goles. O Vitoria FC “B” chega con moito poder ofensivo e unha referencia clara: a pichichi da liga, Ambra Gjegji (15 goles). Pero non é a única ameaza, o conxunto santiagués conta con tres xogadoras entre as 10 máximas realizadoras do campionato, con Enma Akimana (10) e Mirian Garabato (9) acompañando a Gjegji no máis alto.

