Saa: “O noso obxectivo é recuperar sensacións a nivel xogo”

“Trataremos de volver á senda da vitoria”, dixo o técnico azul que cumprirá o primeiro partido de sanción.

O adestrador da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, Miguel Saa, compareceu antes do derradeiro adestramento da semana nunha roda de prensa telemática na previa do partido contra o Valladares, correspondente á cuarta xornada de Liga (domingo, 12:00 h, Municipal de Oira): “Os partidos hai que xogalos e ninguén gaña só co escudo”.

“Elas son un club histórico do futbol feminimo galego, pese a todo o que perderon a nivel xogadoras nos dous últimos anos”

Derrota
“Non creo que afecte ao equipo. As xogadoras están ansiosas de volver retomar a senda do bo xogo e da vitoria”.

Sesión de vídeo
“Creo que ás rapazas lles foi ben verse e poder ver que fallos habemos ter e que dificultades nos atopamos no partido anterior”.

Valladares e xornada de descanso
“Irrelevante, ao final estamos empezando e é unha época na que iso aínda non inflúe demasiado o ter un parón entre xornadas”.

“A expulsión foi totalmente inxusta”

Miguel Saa, adestrador da EFF Rosalía Senior

Expulsión
“Inxusta claramente. O vídeo mostra que non se dixo absolutamente nada que mereza un cartón vermello directo, pero bo ao final no futbol tes estas situacións”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content