Saa: “O que temos claro é que debemos seguir xogando ben”

A opción do liderato non vai influír para nada. Ao final xa dixemos q ata acabar a primeira volta todo é relativo“, dixo o adestrador.

Miguel Saa compareceu na roda de prensa telemática previa á partida fronte ao Lóstrego ‘B’, correspondente á xornada 7 de Liga, que se disputará na Gándara-Chaín (21:00 h, domingo): “Lóstrego é un club moi ambicioso que ten unhas metas impensables para o resto dos equipos”. 

“Esperemos que o domingo xoguen as xogadoras do ‘B’ e véxase un partido da nosa Liga. Son tres, catro xogadoras do ‘A'”.

Reto seguir líderes
“O reto é mellorar no xogo e seguir na liña ascendente dos últimos partidos, nos que o equipo por momentos está mostrando unha boa imaxe”.

Mellor momento da tempada a nivel xogo
“Quizais ata agora si, pero sabemos, tanto xogadoras como corpo técnico, que o teito deste grupo é moito máis elevado que o actual”.

Vitoria fronte a Peñasco
“Ten que influír as sensacións e o que melloramos colectivamente, o xogo ten que seguir sendo fluído e querendo dominar ás rivais mediante o balón”.

“A balanza vais definir por pequeños detalles”

Miguel Saa, adestrador EFF Rosalía Senior

¿Qué pode decidir o partido?
“Ese partido vaise a definir por un detalle, un erro, un acerto, unha decisión arbitral. Ao ser dous equipos de tanto nivel, a balanza vaise a definir por pequenos detalles”.

Obxectivo antes do parón
“O que temos claro é que debemos seguir xogando ben, mellorando día a día e traballando, temos que apostar polo traballo de todas e pola honradez das xogadoras. Os resultados e a clasificación chegarán soas despois; non nos marcamos un obxectivo de puntos ata o parón”.

Fara
“Teremos que vela no adestramento de hoxe. Leva unha semana sen estar connosco e haberá que ver en que estado chega, oxalá sexa bo porque sempre é unha xogadora diferencial e que nos pode axudar moito”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content