Saa: “Os tres puntos é o menos importante, as sensacións si o son”

Non podemos amoldarnos ao ritmo das rivais, temos que dominar co xogo e que os partidos discorran por onde nós queiramos”, explicou o técnico.

Miguel Saa compareceu en roda de prensa telemática ante os medios de comunicación na previa do partido que xogará a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía contra Gondomar Fútbol Base no Municipal de Oira, correspondente á 8ª xornada de Liga (domingo, 12:00 horas): “Cada partido é un mundo e este domingo non vai ser diferente”.

Rival
“Os partidos de tempadas pasadas non contan, cada partido é un mundo e, do mesmo xeito que nós cambiamos, estou seguro de que elas tamén. De feito, a información que temos é que algúns dos seus resultados son engañosos e competeron moi ben contra os equipos de arriba”.

“O arbitraxe a domicilio é un tema que nos preocupa”

Miguel Saa, adestrador EFF Rosalía

Resetaear do partido semana pasada
“Non, realmente xa non é unha cuestión de resetear. É un tema que nos preocupa e creemos que desde arriba deberían tomar algunha determinación respecto diso. En Chaín, xa non só é a influencia no resultado, é o trato tan nefasto ao que nos vimos sometidos, pero pasounos o mesmo con Mos B e San Mateo. Os arbitros fáltanche ao respecto con total impunidade”.

Actitude xogadoras en partidos importantes
“As xogadoras son as que son e teñen cousas típicas da idade que teñen. Os días que gañamos e xogamos ben as enxalzamos e os días que sae cruz sempre aparece a sombra da actitude. Ao final son adolescentes e teñen que aprender a ordenador os seus prioridades”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content