Saa: “Remontouse cunha boa actitude colectiva”

“O partido só definiuse, como dixemos na previa, por pequenos detalles”, declarou o adestrador.

Miguel Saa compareceu na sala de prensa da Gándara-Chaín tras o empate da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía en Gondomar, onde perdeu a súa condición de líder do Grupo 6 da 2ª División Autonómica Feminina Galega. O técnico azul comentou: “Partido no que non fixemos o noso mellor xogo, pero a pesar de todo no que fomos superiores, e só definiuse como dixemos na previa por pequenos detalles”.

“O ambiente víase tenso xa desde fóra. Eles xa estaban molestos coa rolda de prensa previa e iso creo que lles dió un pequeno plus de motivación. De todos os xeitos, desculpámonos antes do partido por se lles había parecido mal e despois, no campo, tamén houbo un exceso de tensión entre xogadoras, pero iso sérvenos de experiencia”.

Resultado xusto.
“Para min non. Elas, ata o empate co segundo gol de penalti, non tiraran a porta en todo o partido e despois diso, soamente tiveron un tiro, que se é certo que foi ao traveseiro e puido supoñer a súa vitoria final”.

Actuación de algunha das xogadoras
“Nós temos un bloque con moitas xogadoras de calidade e varias poderían dar ese paso plus necesario, pero hoxe non foi o caso. De boto, o paso adiante o dió o conxunto co 1-0, conseguindo remontar cunha boa actitude colectiva”.

“Anúlannos un gol que aínda estamos a tentar saber por que”

Miguel Saa, adestrador EFF Rosalía

Actuación arbitral
“Fóra de casa as arbitraxes sempre son así. O primeiro penalti non é nin falta, é unha acción na que Enma trastabíllase ela sóla e cae na área. Despois, co 1-2 no marcador, anúlannos un gol que aínda estamos a tentar saber o por que”

Baixas
“Ao final, ao non gañar sempre pensas que as que faltaron poderían dar un pequeno plus, aínda que realmente o grupo ten que estar e está por encima das individualidades”.

Lidia
Lidia foi determinante cara a gol, pero tamén fixo un bo traballo no resto das accións de xogo. Ao final, é unha cadete na que confiamos moito e destas actuacións ten que aprender a que todo chega e saber ser paciente”.

Matilde
Mati é unha das xogadoras que para o ano estará en idade senior e sempre é bo que vaian collendo algún minuto de experiencia. Foi unha pena que non puidese ser máis tempo, pero o intre que estivo no campo fíxoo moi ben e alegrámonos moito por ela”.

Moreira da indicacións durante un lance do partido.

O técnico local, Andrés Moreira, non dubidou en atender á web do club para valorar o visto no terreo de xogo: “O empate é un resultado xusto. Creo que os dous equipos xogaron un bo partido, igual Rosalía saíu un pouco máis enchufado pero logo nós atopámonos coa xogada do penalti e posterior gol e isto fixo que tivésemos un pouco máis de control. A partir de aí pasaron uns minutos bos nosos ata que Rosalía volveu coller o mando e tiveron ocasións para poder gañar o partido, tamén nós, cun traveseiro para cada equipo. Ao final, o empate é o resultado xusto, creo eu”.

“O fútbol é así, por iso é un deporte bonito. O equipo que está a dominar recibe un gol sen merecelo, pero outras veces do mesmo xeito que cho quitan tamén cho dan. Visto hoxe, igualmente paréceme que o resultado para sido xusto”.

Tensión no encontro
“Ser líderes, ademais de ser anecdótico, é unha cousa bonita. Todos queremos pelexar por ascender e verse no alto da táboa é bonito. Para nós era un partido importante porque Rosalía aínda non descansou e gañar o partido e poder colocarlles tres puntos outra vez de vantaxe e sumar os da xornada de descanso delas, supoñería afastar a Rosalía na táboa clasificatoria”.

“Eu aprobo o labor arbitral hoxe”

Andrés Moreira, adestrador Lóstrego “B”

Arbitraxe
“Eu penso que os penaltis foron xustos. Aínda así había cousas que non o tiñas claro, as faltas deixaba moito xogar pero despois pitaba algunha cousiña que non parecía desde fóra. Ao final, quen aplica o criterio é o colexiado e feito está. El, supostamente, ten que saber como é o regulamento, nós tamén, para iso ensínannolo na escola de adestradores. Aínda así, ás veces protestamos cando cremos que temos razón e se chamar moito a atención. Eu aprobo o labor arbitral hoxe, aínda que noutras ocasións tamén nos quiten a nós”.

Obxectivo
“Nós somos un equipo novo. Hai xogadoras que chegaron ao Lóstrego ‘B’ este ano e estamos a nos adaptar ao campo, novas compañeiras, etc. Estamos a xogar ben, colocadas en bo sitio na clasificación pero non nos podemos poñer un obxectivo fixo de ascender porque a cousa está difícil ao haber equipos como Rosalía e Mos ‘ B’ no noso grupo pero tamén hai bos equipos noutros equipos. Aínda así imos pelexar por estar aí e xogar a fase de ascenso e se se logra ascender, benvido sexa”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content