O técnico azul asegurou que “o noso obxectivo é ir facer un partido serio e competir”.
Miguel Saa compareceu ante os medios na roda de prensa previa ao partido do domingo. Antes do último adestramento levado a cabo no Municipal de Oira, o técnico azul comentou inicialmente que “O equipo segue traballando ben, elas sempre están con todas as ganas do mundo de que chegue o partido”. Ademais, non quixo falar de favoritismo neste tipo de partidos: “No fútbol, ao final, non hai nada escrito e todos os partidos pódenselle complicar a calquera, pero niso tamén radica o bonito deste deporte”.
“O noso obxectivo é ir facer un partido serio e competir dentro das nosas posibilidades. Balaidos é un equipo no cal a súa clasificación non reflexa realmente o que son e sabemos que si non estamos ao 100% non imos sacar nada”.
Cambio de actitud la semana pasada
“É certo e comentouno Jonny na roda de prensa. Ao final o equipo ten que buscar unha regularidad no xogo e non pode mostrar dúas caras tan opostas e moito menos a actitude do segundo tempo.”
Semana atípica
“A min ese tipo de actividades, como o concurso de lanzamentos de falta de Deporte, si que parecen que son positivas en canto a romper a monotonía. O único é que dependendo a semana en que se realicen córtanche un pouco máis o programado, pero bo sempre é algo diferente”.
Defensa inédita
“Non nos fixamos demasiado en si é a primeira vez que xogaban xuntas ou non. Guiámonos polo traballo semanal e si están connosco as 20 teñen que estar listas para xogar”.